Loading...

COLEXIACIÓN

Cotas colexiais

COTA DE ALTA

 

A cota de alta págase no momento de solicitar a colexiación. Debe ingresarse na conta bancaria do Ceesg e engadir o xustificante xunto co resto de documentación, durante o proceso de solicitude a través do Portelo único do Ceesg.

  • Xeral: 65 €.
  • Redución para persoas tituladas recentemente: Gratis no curso inmediatamente seguinte ao do remate dos estudos.

 

COTA DE MANTEMENTO COLEXIAL

O colexio emitirá dous recibos ao ano para o cobro da cota de mantemento colexial, a través de domiciliación bancaria.

Estes cobros fanse por semestre adiantado (a finais dos meses de xaneiro e de xullo).

No primeiro semestre do ano súmase á cota colexial o importe do seguro de responsabilidade civil profesional (excepto para colexiado/a senior) e redondéase a cifra.

 

Cotas colexiais 2026

Tipo de cota 1º semestre (seguro RC) 2º semestre Documentación a presentar*
Xeral 78 € 73,34 € Ningunha
Reducida por desemprego

Aplicable tamén a pensionistas, estudiantes que non traballan, situación de excedencia por coidado de fillas/os, situación de impago continuado de salarios, e colexiadas/os que non residen no estado español. Ou situacións equivalentes acreditadas.

42 € 36,67 € Tarxeta de demandante de emprego (DARDE), ou acreditación pertinente segundo cada situación.
Reducida por salario inferior ao mínimo interprofesional (SMI) 60 € 55 € Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social acreditativo da/s última/s Base/s de Cotización.
Colexiada/o Senior 36,67 € 36,67 € Resolución do INSS da xubilación.

 

* Presentación a través do Portelo único do Ceesg.
Prazos para solicitude de cotas reducidas:

  • Para cota primeiro semestre: do 1 ao 20 de decembro.
  • Para cota segundo semestre: do 1 ao 20 de xuño.

No caso das redución por desemprego (ou análogas) ou por salario inferior ao SMI, mentres se manteña a situación que dea dereito a cota reducida, debe presentarse a solicitude en cada semestre. De non facelo, cobrarase sempre a cota xeral normal.
A cota de colexiada/o Senior só debe solicitarse unha vez, a través do portelo único, e será aplicable de xeito permanente.

BS_COLECTIVOS_ 350183_1024x410_CAS

COTA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL PROFESIONAL

 

4,59 € (ano 2025).

A subscrición do seguro non ten carácter obrigatorio para todas/os as/os colexiadas/os, senón que será de subscrición voluntaria para as persoas que o soliciten por escrito. A partir do ano 2026 o importe será incluído na cota colexial, de xeito que a cobertura será para toda persoa colexiada.

COTA DE PRECOLEXIACIÓN

 

20 € por curso académico.

Poden darse de alta como precolexiadas/os as e os estudantes de Educación Social. Máis información.
As cotas de precolexiación aboadas durante o período estudiantil serán descontadas das cotas do Ceesg, sempre que a colexiación se formalice no curso seguinte, e ata un límite de 80€.
Están exentas de pagar a cota as e os estudantes que colaboren co Ceesg como dinamizadoras/es do PIC.

COTA POR TRASLADO DE EXPEDIENTE

 

20€ por traslado de expediente a outro colexio profesional de Educación Social.