Novas do CEESG
ACTUALIDADE
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Educadoras/es sociais
- Técnica/o de apoio social
- Animador/a sociocultural (OPE)
- Educador/a social
- Prácticas remuneradas
- Educador/a social
- Técnica/o servizo emerxencia social
- Bolsa Educación Social
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O Colegio Profesional de Educadores Sociales de la Región de Murcia (CPESRM) organiza o curso en liña ‘ESPECIALISTA EN MEDIACIÓN’, que será impartido do 5 de maio ao 5 de xuño de 2021.
O obxectivo do curso é capacitar ás/aos profesionais da educación social para actuar como mediadoras/es en situacións de conflito.
Desconto para persoas colexiadas, incluídas as do Ceesg.
Modalidade: en liña.
Duración: 100 horas.
Prazo de inscrición: ata o 20 de abril.

O Colegio Oficial de Educadoras y Educadores Sociales de Navarra (COEESNA-NAGIHEO) organiza o curso en liña ‘ÉTICA PROFESIONAL Y CÓDIGO DEONTOLÓGICO DEL/A EDUCADOR/A SOCIAL’, que será impartido os días 5 e 6 de maio de 2021.
O curso formula, entre outros obxectivos,coñecer os principios éticos da profesión, reflexión sobre situacións conflitivas cotiás, e posibilitar interpretacións diferentes sobre os conflitos asociados ao traballo socioeducativo.
Modalidade: online.
Duración: 12 h.
Prazo de inscrición: 3 de marzo.

O Programa CONVIVE.COMigo que se desenvolve na provincia de Pontevedra ten a finalidade de continuar nutrindo o banco do programa con de persoas ou familias que queiran convivir cun/cunha adolescente que teña a obriga de cumprir a medida xudicial de ‘Convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo’.
A través deste programa, xestionado por Arela, búscanse familias e persoas cunha alta sensibilidade cara a adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades. Un ambiente socializador e positivo permitiralles ás/aos adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.
Os requisitos para formar parte deste programa son: ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de paternidade… A súa vez, valorase positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico .
ARELA ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40€ diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa.
Dende a Páxina web de ARELA (www.arela.org) pódese consultar máis información sobre este programa, así como dende o teléfono da súa sede central, 986 21 25 37 ou a través do correo electrónico convive@arela.org
*ARELA é unha asociación que leva traballando en Galicia dende o ano 1998 con infancia e adolescencia en situación de desprotección e/ou conflito social, prestando diferentes servizos: Casas de Familia, Centros de Atención de Día Integral e Centros de Intervención Educativo en Medio Aberto (CIEMA) coa Consellería de Política Social.

O Colegio Oficial de Educadoras y Educadores Sociales de Navarra (COEESNA-NAGIHEO) organiza o curso en liña ‘ENTREVISTA A VÍTIMAS ESPECIALMENTE VULNERABLES’, que será impartido del 25 de febreiro ao 25 de marzo de 2021.
O obxectivo do curso é proporcionar a profesionais do ámbito social, sanitario, educativo, policial, os coñecementos e habilidades necesarias para realizar entrevistas a vítimas especialmente vulnerables, con todas as garantías legais e minimizando o trauma dunha victimización secundaria; en particular menores, vítimas de violencia de xénero e vítimas con discapacidade intelectual con obxecto de explorar de forma efectiva experiencias de malos tratos, abuso ou calquera outro tipo de agresión sufrida.
Modalidade: online.
Prazo de inscrición: do 21 de febreiro.

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Técnica/o social
- Técnica/o de inclusión sociolaboral
- Educador/a social
- Secretaria/o técnica/o
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O Col·legi Oficial d’Educadores i Educadors Socials de la Comunitat Valenciana (COEESCV) organiza o curso ‘La escritura creativa como herramienta de intervención socioeducativa’.
Do 19 de febreiro ao 31 de marzo, con sesións de videoconferencia os días 19 e 26 de febreiro e 5, 12 e 26 de marzo.
Inscricións ata o 15 de febreiro.
As persoas colexiadas no Ceesg teñen a mesma redución na cota de inscrición que as co COEESCV.

O número 32 de RES, Revista de Educación será un monográfico co título ‘La Educación Social en Latinoamérica: cartografía de oportunidades’.
Poden enviarse artigos antes do 31 de marzo de 2021.
Tamén se poden enviar propostas para a sección de miscelánea, na que se recollen outros artigos sobre temas interesantes, así como ás seccións de actualidade e reseñas.
Información detallada sobre o número (ao final da páxina atoparedes enlaces ás orientacións para colaboradoras/es, autorización de artigos, criterios de publciación…)

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de toma de decisións do colexio, formado por todas as persoas colexiadas. Cada ano reúnese como mínimo unha vez para decidir sobre a actividade do colexio.
Este ano, a Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o 27 de febreiro e celebrarase de xeito telemático.
Todas as persoas que estean colexiadas na data de convocatoria están convocadas a participar. Tamén poden participar as Amigas e amigos do Ceesg (con voz e sen voto).
Pregamos confirmar asistencia, para adaptar o mellor posible os medios técnicos ao nivel de participación previsto.
Enlace á documentación da Asemblea 2021.
- Data: sábado 27 de febreiro de 2020.
- Inicio: 10:00 (primeira convocatoria), 10:30 (segunda convocatoria)
- Fin: 13:30 aproximadamente.

A renda básica pódese definir coma un ingreso regular que permite levar unha vida digna (suficiente) para cada membro da sociedade (universal) polo simple feito de ter nacido (incondicional) e xestionada por cada quen (individual).
O Ceesg segue a apoiar a iniciativa comunitaria para a implantación da RBU (Renda Básica Universal) en Europa e anima ás profesionais do social a reflexionar sobre o tema con este vídeo, onde diversas persoas de Galicia falan da necesidade da RBU.
No seguinte enlace está a información detallada sobre a iniciativa a nivel europeo e recollida de sinaturas de apoio: https://rentabasicaincondicional.eu/

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Docentes
- Orientador/a laboral
- Monitor/a de inclusión social e atención hospitalaria á infancia
- Técnica/o social
- Educador/a social
- Orientador/a profesional para a inserción
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O grupo de traballo Fiadeiras participa nunha xuntanza virtual co Col·lectiu de dones do Col·legi d’Educadores i Educadors Socials de Catalunya, á que foi convidado co obxectivo de apoiar a este colectivo de nova creación e para crear sinerxias entre ambas partes.

O Colegio Oficial de Educadoras y Educadores Sociales de Castilla-La Mancha (CESCLM) organiza a 2ª edición do Curso: ‘DETECCIÓN Y ASISTENCIA JURÍDICA A MUJERES VÍCTIMAS DE TRATA CON FINES DE EXPLOTACIÓN SEXUAL”, que será impartido en la modalidad online, del 22 de febrero al 26 de marzo de 2021.
O obxectivo do curso é formar a profesionais susceptibles de participar na intervención con potenciais vítimas sobre o encadre da realidade da Trata de mulleres con fins de explotación sexual, e a forma de detección e intervención en cada caso, desde un enfoque de dereitos humanos, con perspectiva de xénero e respectuoso cara a realidade transcultural.
Modalidade: online.
Prazo de inscrición: do 20 de xaneiro ao 12 de febreiro. Ampliado ata o 17 de febreiro.

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Corpo de profesorado de formación profesional.
- Docentes educación afectivo sexual.
- Orientador/a profesional para a inserción.
- Monitor/a de residencia.
- Técnica/o de orientación para o emprego.
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

A Universitat Oberta de Catalunya (UOC) trasládanos unha enquisa solicitando colaboración de profesionais da educación social para colaborar na recollida de datos.
O obxectivo inicial desta enquisa é explorar o papel e posibilidades das/os educadoras/es sociais na utilización das tecnoloxías dixitais para fomentar a inclusión social, a participación política e a cidadanía activa, especialmente da mocidade. Forma parte dunha investigación realizada polo Laboratorio de Educación Social (LES), o Grupo de investigación en Aprendizajes, Medios y Entretenimiento (GAME) (ambos da Universitat Oberta de Catalunya) e o Grupo de Investigación en Ciberdemocracia, vinculado á Universidad Rey Juan Carlos. Esta investigación, titulada titulada EDUCACIÓN SOCIAL DIGITAL, está financiada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
A duración prevista para cubrir a enquisa é duns 20 minutos aproximadamente.

Aviso para quen aínda non se rexistrase na nova web www.ceesg.gal:
Recordamos que para acceder á área privada de www.ceesg.gal non son válidos os datos da web antiga. É necesario rexistrarse de novo.
Se aínda non te rexistraches, podes facelo aquí.

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Docentes educación afectivo-sexual
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

No Ceesg celebramos vinte anos de percorrido. Son moitos os motivos que nos levaron a escoller esta profesión, e moitos outros os que nos animaron a continuar exercéndoa. Hoxe, convidámosvos a participar compartindo cales son os vosos.
Para paticipar, sube unha foto túa (ou se prefires non aparecer, que se vexa algo representativo da nosa profesión) e un folio no que apareza o motivo polo que decidiches ser educador/a social. Cando a subas ao Facebook ou Twitter, utiliza o hashtag #20anosCeesg, e recorda etiquetar ao Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia.

O 14 de decembro publicábase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que nomea o tribunal do proceso selectivo da especialidade educadores, da Xunta de Galicia, que para sorpresa de todas as educadoras e educadores sociais que están pendentes deste proceso selectivo, no tribunal non figura nin unha profesional da Educación Social.
O Ceesg presentou recurso de reposición solicitando a modificación do tribunal. Este recurso foi inadmitido alegando que é un acto non é susceptible de recurso.
Dende o Ceesg seguimos recordando que a nosa profesión ten nome, que a titulación universitaria de Educación Social creouse por algo, e que xa é hora de que a Xunta se adapte á realidade académica e á necesidade de especialización dos postos de traballo.

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Docente especializada/o en dinamización do medio rural.
- Técnica/o de intervención en educación, apoio e reforzo escolar.
- Docente módulos orientación laboral.
- Coordinador/a proxectos de formación.
- Técnica/o de orientación.
- Técnica/o de apoio social.
- Técnica/o de cultura.
- Técnica/o de participación.
- Corpo de profesorado de formación profesional (OPE).
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
