Loading...

Otras Publicacións

Machismos: de micro nada

DATA:2015
TIPO:Libro

 

O grupo de traballo Fiadeiras, do Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia, nace da necesidade de xerar un espazo feminista para o encontro, reflexión e praxe profesional das educadoras e educadores sociais de Galiza; encamiñado a romper cos modelos sexistas, que seguen a frear, a día de hoxe, os avances cara unha sociedade democrática e xusta, e a favorecer a toma de conciencia sobre da imprescindible incorporación da perspectiva de xénero ao noso quefacer profesional.

A través desta puclicación evidénciase como cunha boa organización, as mulleres podemos chegar a facer grandes e pequenas cousas (pero poder facer é o reto), considerándoo como un paso máis de unión, fortalecemento e dignidade das mulleres. Por iso, queremos agradecer a todas a vosa colaboración e acompañamento na loita feminista.

Ver dossier de presentación da publicación.

Libro en formato físico á venda en librerías (enlace á editorial Embora)