Loading...

Lobios, 25, 26 e 27 de setembro

Xurés 2026

O maior encontro anual internacional
de profesionais da Educación Social

Un espazo único de encontro para profesionais, estudantes e profesorado da Educación Social, promovendo ao mesmo tempo a cultura e as tradicións do territorio local e a identidade rural.

Formación, natureza e participación conéctanse nunha convivencia onde a Educación Social se vive, se celebra e se constrúe en colectivo.

Inscrición

AS COTAS INCLÚEN:

  • V Seminario Internacional de Educación Social
  • Pernocta en pavillón (para quen o solicite)
  • Roteiro guiado (para quen o solicite)
  • Actividades do sábado pola tarde-noite (entrada libre)
  • Festival de música (entrada libre)
  • Comidas segundo tipo de inscripción:
    • Completa: cea do venres; almorzo, xantar e cea comunitaria do sábado; almorzo e xantar do domingo.
    • Parcial: almorzo e cea do sábado.
  • Traslados necesarios entre Lobios e os lugares das actividades.

PRAZO ATA O 20 DE SETEMBRO

COTA XERAL

70


Inclúe participación e todos los almorzos, xantares e ceas.


COTA COLEXIADAS/OS E COMUNIDADE UNIVERSITARIA

65


Inclúe participación e todos os almorzos, xantares e ceas.


PARCIAL

40


Inclúe participación e almorzo e xantar do sábado.


Quen pode participar?

A actividade está pensada principalmente para profesionais e estudantes de Educación Social de calquera lugar, pero tamén é aberta a todas aquelas persoas interesadas en participar.

As actividades do sábado pola tarde son de acceso libre.

Ubicación, aloxamento e traslados

UBICACIÓN DAS DIFERENTES ACTIVIDADES

O punto neurálxico da Convivencia será Lobios, na provincia de Ourense.

Estas son outras ubicacións das actividades:

  • Edificio Multiusos do Concello de Lobios (ver localización)
  • CEIP do Xurés (ver localización)
  • Ceas, xantares e almorzos en diferentes locais de hostalaría de Lobios -excepto a cea de convivencia do sábado, que será en Grou-
  • Carpa instalada na parroquia de Grou
  • Pavillón municipal (ver localización)
  • Roteiro: Informarase do punto de partida durante a propia convivencia.

ALOXAMENTO

Gratuítamente no pavillón municipal de Lobios.
  • Para facer uso desta opción, é necesario indicalo no formulario de inscricións da convivencia.
  • Conta con duchas con auga quente.
  • Durmirase sobre o chan, polo que para maior comodidade recoméndase saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo.
  • Hai a opción de montar a túa tenda de campaña dentro do pavillón, para maior intimidade.
Acampada libre e gratuíta en campo habilitado.
  • Para facer uso desta opción, é  necesario indicalo no formulario de inscrición da convivencia.
  • Necesaria tenda de campaña ou caravana.
  • Acampada en Grou (zona Festival, non en Lobios).
En hoteis, hostais e outros aloxamentos da zona.
  • Na zona hai varios aloxamentos de diferentes categorías.
  • No caso de interesarche esta opción, debes formalizar a reserva directamente co establecemento.

TRASLADOS

TRASLADOS NA ZONA

Están incluidos para toda/o participante que o solicite no momento da inscrición.

A participación no roteiro inclúe en todo caso o regreso a Lobios en autobús.

DESPRAZAMENTO ATA LOBIOS DESDE LOCALIDADES DE ORIXE

As Facultades implicadas na organización facilitarán o traslado de estudantado de Educación Social. Actualizaremos información a medida que se confirme esta colaboración.

whatsapp

Apúntate á canle de WhatsApp da Convivencia e mantente ao día de todas as novidades!

 

Entérate de todo… Únete xa!

A Baixa Limia

A Baixa Limia, localizada na provincia de Ourense, é unha das comarcas máis singulares e encantadoras de Galicia. Situada ao sur da provincia, esta área destaca pola súa paisaxe natural, rica en bosques frondosos e fermosas fervenzas que revelan a súa beleza sen igual. A súa extensión de máis de 2.000 quilómetros cadrados e a súa proximidade co Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés fan dela unha das zonas máis atractivas para os amantes da natureza.

Un dos maiores tesouros da Baixa Limia é a súa diversidade etnográfica e cultural. A comarca conta cun rico patrimonio histórico que se pode descubrir nos seus recunchos máis agochados, onde se conservan vestixios do pasado, como os antigos muíños, as alvarizas, as chivanas e os tradicionais hórreos. A área tamén alberga importantes xacementos arqueolóxicos romanos, que aportan unha rica perspectiva histórica á súa paisaxe.

A Baixa Limia tamén se caracteriza por un rico patrimonio termal, con fontes de augas minerais que atraen tanto a habitantes locais como a visitantes que buscan relaxación e benestar.

Nesta comarca, o equilibrio co medio ambiente é fundamental. A convivencia entre a natureza e a veciñanza da zona xúntase de xeito respectuoso, buscando sempre a protección e preservación dun ecosistema único e marabilloso. A Baixa Limia é un lugar onde o valor histórico, natural e cultural se mesturan para crear unha das zonas máis apaixonantes e auténticas de Galicia.

Imaxes: @toxodoxures

Entidades colaboradoras