Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Operador/a teleasistencia
  • Educador/a social

Se estás á procura desemprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas en Compostela
Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas en Compostela

O vindeiro mércores 29 de marzo teremos unha nova presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas.
Volvemos a Compostela, onde nos acollerá a Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.

Non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.

Mércores 29 de marzo ás 10:30 na aula 6-7 (módulo A).

Acordos da Asemblea do Ceesg 2023
Acordos da Asemblea do Ceesg 2023

O pasado sábado 25 de marzo tivo lugar a Asemblea do Ceesg.

As propostas levadas á asemblea foron aprobadas (acta da asemblea anterior, memorias económica e de actividades, orzamento e plans de traballo, e propostas económicas) Toda a documentación segue estando dispoñible para consulta na web do Ceesg, e pronto se actualizará a información xeral coas propostas económicas aprobadas, é dicir, a conxelación de cotas de mantemento colexial para o ano 2023, o cobro de cota por emisión de certificados a persoas non colexiadas, e redución de cota de alta para persoas tituladas recentes.

Previa á asemblea, tivo lugar unha formación na que puidemos reflexionar sobre o papel das educadoras e educadores sociais no acompañamento socioeducativo, e tamén se presentou o libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas, así como unha guía didáctica para o uso deste, que nos achega ideas de traballo coas crianzas para que coñezan a profesión e os seus contextos.

Nas nosas redes sociais podedes ver algunhas fotografías da xornada.

Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron na Asemblea.

Horario de atención do Ceesg do 28 de marzo ao 5 de abril
Horario de atención do Ceesg do 28 de marzo ao 5 de abril

Informamos de que esta semana (do 27 ao 31 de marzo) o horario de atención polas tardes será o luns e o mércores de 16:00 a 18:00 h.
O horario de mañá permanecerá como habitualmente (de 9:00 a 14:00 h.)

Os días 3, 4 e 5 e abril non haberá atención ao público presencial nin telefónica. Podes contactar por correo-e e atenderémoste o antes posible.


Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Téc. de participación
  • Téc. de orientación laboral
  • Téc. de igualdade e inclusión
  • Téc. de unidade de apoio
  • Titor/a de oposicións
  • Educador/a familiar
  • Preparador/a laboral
  • Persoal técnico de educación para o desenvolvemento
  • Téc. social
  • Orientador/a laboral
  • Educador/a social
  • Orientador/a laboral
  • Monitor/a de tempo libre

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Este sábado celebraremos a Asemblea Xeral do Ceesg
Este sábado celebraremos a Asemblea Xeral do Ceesg

Cada ano, a Asemblea Xeral do Ceesg, formada por todas as persoas colexiadas, reúnese para decidir sobre a actividade do Colexio.

O vindeiro sábado en Santiago de Compostela, terá lugar a Asemblea 2023.

Todas as persoas colexiadas na data de convocatoria (10/03/23) están convocadas a participar. Tamén poden participar as Amigas e amigos do Ceesg (con voz e sen voto).

A documentación relacionada cos distintos puntos da orde do día está colgada na web do Ceesg, sección Transparencia.

Para facilitar a asitencia, haberá un servizo de conciliación de 9:30 a 14:30 h., para o que será necesaria reserva previa (ata o 24/03/23 ás 12:00), por teléfono ou enviándonos unha mensaxe indicando o nome da persoa participante na asemblea e o número de crianzas que farán uso do servizo.

Ao finalizar a asemblea haberá un servizo de cátering. Agradecemos confirmación de asistencia ao mesmo para adaptar a organización ao número de asistentes.

Enlace á documentación da Asemblea 2023.
(necesario iniciar sesión para ver a documentación)

  • Data: sábado 25 de marzo de 2023.
  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública (Rúa Madrid, 2) Santiago de Compostela (ver localización)
  • Inicio: 11:30 (primeira convocatoria), 12:00 (segunda convocatoria)
  • Fin: 14:30 aproximadamente.