Nova CEESG

Revisión do Código Deontolóxico da Educación Social

14 - 03 - 2023

O Consejo General de Colegios de Educación Social e o Ceesg, xunto con colexios doutros territorios, iniciamos o reto de facer unha revisión e posible actualización do Código Deontolóxico da nosa profesión.

Se tes interese en ter máis información, ou enviarnos achegas e propostas, ponte en contacto connosco a través de etica@ceesg.gal.
De momento convidámoste a que dediques minuto e pico a disfutar do vídeo sobre o primeiro principio do noso Código Deontolóxico: “Principio de Respecto aos Dereitos Humanos”.
Proximamente iremos compartindo outros vídeos

Para ver o vídeo pincha aquí

Quizais che interese

Outras novas

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Operador/a teleasistencia
  • Educador/a social

Se estás á procura desemprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas en Compostela
Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas en Compostela

O vindeiro mércores 29 de marzo teremos unha nova presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas.
Volvemos a Compostela, onde nos acollerá a Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.

Non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.

Mércores 29 de marzo ás 10:30 na aula 6-7 (módulo A).

Acordos da Asemblea do Ceesg 2023
Acordos da Asemblea do Ceesg 2023

O pasado sábado 25 de marzo tivo lugar a Asemblea do Ceesg.

As propostas levadas á asemblea foron aprobadas (acta da asemblea anterior, memorias económica e de actividades, orzamento e plans de traballo, e propostas económicas) Toda a documentación segue estando dispoñible para consulta na web do Ceesg, e pronto se actualizará a información xeral coas propostas económicas aprobadas, é dicir, a conxelación de cotas de mantemento colexial para o ano 2023, o cobro de cota por emisión de certificados a persoas non colexiadas, e redución de cota de alta para persoas tituladas recentes.

Previa á asemblea, tivo lugar unha formación na que puidemos reflexionar sobre o papel das educadoras e educadores sociais no acompañamento socioeducativo, e tamén se presentou o libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas, así como unha guía didáctica para o uso deste, que nos achega ideas de traballo coas crianzas para que coñezan a profesión e os seus contextos.

Nas nosas redes sociais podedes ver algunhas fotografías da xornada.

Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron na Asemblea.