Nova CEESG

Presentación do libro ‘La mirada horizontal’

02 - 11 - 2022

Moi pronto teremos ocasión de escoitar a David Vázquez, educador social, psicopedagogo e dinamizador sociocultural, presentando o seu libro ‘La mirada horizontal. Historias sin hogar de un educador social’.

O Ceesg, a Universidade de Santiago, o grupo SEPA da USC, e a Universidade da Coruña, organizamos sendas presentacións en Santiago e A Coruña, que terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro respectivamente.

David Vázquez, co seu libro La mirada horizontal, invítanos á reflexión e ao diálogo facendo falar á experiencia a través de relatos e historias de educación social vividas en primeira persoa en diferentes ámbitos de intervención e cun mesmo denominador común: a exclusión. Comparte dúbidas, dilemas, acertos e fracasos en situacións profesionalmente emocionantes que só pasan traballando neste sector. Unhas inquedanzas, en definitiva, que responden á necesidade vital de escribir e de dar visibilidade á profesión de educar e ao desexo de transformar.

Lugares e datas das presentacións:

  • SANTIAGO: Mércores 30 de novembro ás 11:30 no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (Campus Vida)
  • A CORUÑA: Xoves 1 de decembro ás 11:30 h. no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (Campus de Elviña)

Quizais che interese

Outras novas

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • T. de Cultura
  • T. Educación Social
  • T. Orientador/a laboral
  • Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
  • T. aux. de educación
  • Educador/a
  • Educador/a
  • Educador/a familiar
  • Axente de Desenvolvemento Local
  • Animador/a sociocultural
  • Axente de emprego
  • T. de Cultura Medio
  • T. Orientador/a laboral
  • Educador/a familiar
  • Director/a do CIM
  • Informador/a xuvenil
  • Educador/a social
  • Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
  • Educador/a familiar
  • Educador/a de adultos
  • Axente de emprego
  • Prospector/a laboral
  • Orientador/a profesional para a inserción
  • Educador/a social
  • Educador/a para a saúde
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • T. de orientación laboral

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Horario de atención o Ceesg o 1/12/22
Horario de atención o Ceesg o 1/12/22

Hoxe 1 de decembro de 2022, a sede do Ceesg estará pechada en horario de tarde, por motivos organizativos.

Lamentamos as molestias.

Próximo cobro de cotas colexiais
Próximo cobro de cotas colexiais

No mes de xaneiro pasarase o cobro de cotas colexiais (correspondente ao primeiro semestre 2023)

Recordamos que existe a posibilidade de beneficiarse de cotas reducidas (por desemprego, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas)

Quen queira acollerse a este tipo de cotas, debe presentar a documentación pertinente ata o día 24 de decembro, por correo-e a ceesg@ceesg.gal. A confirmación por parte do Ceesg farase no prazo máximo de 15 días dende a recepción, e o cobro ordearase na segunda quincena de xaneiro.

Documentación a presentar:

  • No caso de desemprego, tarxeta de demandante de emprego actualizada.
  • No caso de salario inferior ao mínimo, informe de bases de cotización da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Para outras posibles situacións, consultar co Ceesg.

Se no cobro anterior non te beneficiaches de desconto, recorda enviar xunto coa documentación xustificativa a solicitude de cota semestral bonificada

En caso de modificacións de conta bancaria dende o último cobro, pregamos que se notifique o antes posible enviando a ceesg@ceesg.gal o documento de domiciliación bancaria.