Nova CEESG
Investigación sobre a diversidade cultural como campo da Educación Social
Compartimos un cuestionario que forma parte dun proxecto de Tese Doutoral en curso que estuda a diversidade cultural como campo de profesionalización na educación social.
Coa recollida destes datos preténdese coñecer a percepción e interese sobre a diversidade cultural como ámbito profesional do/a educador/a social, a medida en que se presenta no exercicio da profesión e o grao de adquisición de competencias interculturais, así como as aprendizaxes sobre atención socioeducativa á diversidade cultural que se ten acadado na formación inicial e continua e as melloras formativas que se poderían introducir nesta liña. Animamos a todo o colectivo colexial a cubrir este cuestionario, que contribuirá ao enriquecemento dunha investigación que ten como marco a profesión e de Educación Social.
Ir ao cuestionario
Quizais che interese
Outras novas

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Educador/a social
- Educador/a social
- Operador/a teleasistencia
- Educador/a social
Se estás á procura desemprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O vindeiro mércores 29 de marzo teremos unha nova presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas.
Volvemos a Compostela, onde nos acollerá a Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.
Non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.
Mércores 29 de marzo ás 10:30 na aula 6-7 (módulo A).

O pasado sábado 25 de marzo tivo lugar a Asemblea do Ceesg.
As propostas levadas á asemblea foron aprobadas (acta da asemblea anterior, memorias económica e de actividades, orzamento e plans de traballo, e propostas económicas) Toda a documentación segue estando dispoñible para consulta na web do Ceesg, e pronto se actualizará a información xeral coas propostas económicas aprobadas, é dicir, a conxelación de cotas de mantemento colexial para o ano 2023, o cobro de cota por emisión de certificados a persoas non colexiadas, e redución de cota de alta para persoas tituladas recentes.
Previa á asemblea, tivo lugar unha formación na que puidemos reflexionar sobre o papel das educadoras e educadores sociais no acompañamento socioeducativo, e tamén se presentou o libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas, así como unha guía didáctica para o uso deste, que nos achega ideas de traballo coas crianzas para que coñezan a profesión e os seus contextos.
Nas nosas redes sociais podedes ver algunhas fotografías da xornada.
Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron na Asemblea.