Nova CEESG

FormaSOS, Creando alianzas antirracistas a través da formación

02 - 05 - 2023

Presentamos unha nova proposta de traballo plantexada pola Federación de SOS Racismo e organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg). Ten como obxectivo contribuir á mellora da atención ás persoas migrantes, persoas racializadas e pertencentes a minorías a través da formación de profesionais do ámbito da intervención social, a administración pública, operadores xurídicos e academia.

O curso está dirixido a colexiadas/os do Ceesg, amigas/os do Ceesg ou educadoras/es sociais colexiadas/os noutros territorios. Desenvolverase en dúas sesións, estruturándose en dous módulos de 3 horas de duración, cunha avaliación final.

A metodoloxía formativa combina a formación presencial e o traballo a distancia, acadando unha duración lectiva total de 30 horas. Ademais dos certificados de asistencia, facilitarase material de consulta.

Estes son algúns dos contidos que veremos neste curso:

  • Ferramentas para loitar contra o racismo, delitos de odio e discriminación racistas.
  • Discurso do Odio racista Que é? Como recoñecelo?
  • Cambiemos de marco. De narrativas opresoras a transformadoras.
  • Nova Lei 15/2022, de 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación Racismo; Xenofobia, discriminación e Odio: Como defender ás vítimas?

Datas: 1 e 8 de xuño.

Horario: 9:30 a 12:30 h.

Lugar: Casa das Asociacións de Cornes (Santiago de Compostela)

Inscrición: gratuíta, previa inscrición (ata o 25 de maio).

Prazas limitadas.

Enlace de inscrición.

Quizais che interese

Outras novas

Horario de atención de xuño a setembro
Horario de atención de xuño a setembro

Do 1 de xuño ao 30 de setembro o horario de atención na sede do Ceesg será de luns a venres de 8:00 a 15:00 h.

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Animador/a socioculturalEducador/a social
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Téc. De infraestruturas culturais
  • Responsable OMIX e oficina de turismo
  • Orientador/a laboral técnico/a
  • Animador/a cultural
  • Coordinador/a equipo intervención familiar
  • Téc. En educación familiar
  • Auxiliar educador/a
  • Titor/a de programas de emprego
  • Educador/a social
  • T. orientación laboral
  • Encargado/a responsable programas de emprego
  • Consultoría: Avaliación de proxecto
  • Consultoría: Formación
  • Orientador/a laboral
  • Téc. social
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Monitor/a de educación e tempo libre
  • Monitor/a de educación e tempo libre
  • Monitor/a de educación e tempo libre
  • Monitor/a de educación e tempo libre
  • Educador/a social
  • Animador/a sociocultural
  • Animador/a sociocultural
  • Monitor/a de tempo libre
  • Educador/a social

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O Ceesg participa no Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría
O Ceesg participa no Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría

O XXXIII CONGRESO ANUAL INTERNACIONAL DE XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA, organizado pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría terá lugar os días 9 e 10 de xuño en Vigo, baixo o lema ‘SOIDADE E AILLAMENTO SOCIAL. Novos retos e recursos’.
O Ceesg terá parte activa no mesmo, impartindo o Obradoiro 3: ‘Soidade activa nas persoas maiores. Novo reto da Educación Social
Trátase dun achegamento á teoría sobre a idea da soidade enmarcada nos contextos da Educación Social e a construción entre as asistentes e as relatoras un marco reflexivo dentro dos efectos da soidade non desexada, no que aportar solucións profesionais e comunitarias, experimentando tanto, dende a perspectiva profesional coma da comunitaria.

Data: 10 de xuño do 2023
Hora: De 15:45 a 17:15
Lugar: Sala Dr. Fernando Veiga, Museo Verbum, Vigo

Presenta
Rosa Mínguez Moreira
Educadora Social. Vocal Social da SGXX

Relatoras
Lucía Chaves García. Educadora Social e Psicopedagoga. CEESG.
Florinda Vaamonde Romero. Educadora e Animadora Social. CEESG.

Programa completo e inscricións do congreso en https://congreso.sgxx.org/