Nova CEESG

Formación sobre o ISE e SEAF con módulo de protección de datos

14 - 10 - 2022

O Informe Socioeducativo como ferramenta da Educación Social / Servizo de Educación e Apoio Familiar, con módulo de protección de datos.

Hai uns anos, o grupo de traballo do Ceesg aBeira asumiu o reto de desenvolver un modelo de informe socioeducativo que se configurase como un instrumento profesional para a recollida de información e o traballo de intervención realizado polas e polos profesionais da Educación Social, adaptándose á intervención socioeducativa en calquera ámbito de traballo. Este traballo, que contou coa colaboración de profesionais do sector e do eido académico universitario, tivo como resultado o modelo de Informe Socioeducativo (ISE) que actualmente está dispoñible para consulta e descarga na páxina web do Ceesg.
Hoxe continúa o traballo de aBeira para acadar a consolidación deste modelo como ferramenta básica das e dos profesionais da Educación Social en todos os ámbitos, así como a súa estandarización nos procedementos nos que se implican as administracións públicas ou outras entidades e institucións coas que se traballa en rede dende a nosa profesión.
Con este curso preténdese afondar na ferramenta para darlle o mellor uso por parte das educadoras/es sociais.

  • Duración e datas: O curso desenvolverase do 14 de novembro ao 16 de decembro, cunha carga lectiva de 50 h.
  • Modalidade: Realizarase en liña a través de plataforma de teleformación do Ceesg con varias conexións por videoconferencia, os mércores (16, 23, 30, 7 e 14) en horario de 17:00h -19:00h (horario pendente de confirmación definitiva).
  • Persoas destinatarias: Profesionais da Educación Social colexiadas/os no Ceesg ou estudantes de Educación Social amigas/os do Ceesg.
  • Cota de matriculación: Curso gratuíto.
  • Data límite de inscricións: 11/11/2022 ou ata completar prazas.
  • Nº de prazas: 30. (Será imprescindible activar o perfil de alumna/o na aula virtual na primeira semana do curso. Do contrario, a inscrición será anulada e disporase da praza para outra persoa que estea en lista de agarda, de ser o caso).

Ver información detallada do curso

Cupo de inscricións completado. Non se admiten máis inscricións.

Formación sobre o ISE e SEAF con módulo de protección de datos

Quizais che interese

Outras novas

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • T. de Cultura
  • T. Educación Social
  • T. Orientador/a laboral
  • Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
  • T. aux. de educación
  • Educador/a
  • Educador/a
  • Educador/a familiar
  • Axente de Desenvolvemento Local
  • Animador/a sociocultural
  • Axente de emprego
  • T. de Cultura Medio
  • T. Orientador/a laboral
  • Educador/a familiar
  • Director/a do CIM
  • Informador/a xuvenil
  • Educador/a social
  • Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
  • Educador/a familiar
  • Educador/a de adultos
  • Axente de emprego
  • Prospector/a laboral
  • Orientador/a profesional para a inserción
  • Educador/a social
  • Educador/a para a saúde
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • T. de orientación laboral

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Horario de atención o Ceesg o 1/12/22
Horario de atención o Ceesg o 1/12/22

Hoxe 1 de decembro de 2022, a sede do Ceesg estará pechada en horario de tarde, por motivos organizativos.

Lamentamos as molestias.

Próximo cobro de cotas colexiais
Próximo cobro de cotas colexiais

No mes de xaneiro pasarase o cobro de cotas colexiais (correspondente ao primeiro semestre 2023)

Recordamos que existe a posibilidade de beneficiarse de cotas reducidas (por desemprego, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas)

Quen queira acollerse a este tipo de cotas, debe presentar a documentación pertinente ata o día 24 de decembro, por correo-e a ceesg@ceesg.gal. A confirmación por parte do Ceesg farase no prazo máximo de 15 días dende a recepción, e o cobro ordearase na segunda quincena de xaneiro.

Documentación a presentar:

  • No caso de desemprego, tarxeta de demandante de emprego actualizada.
  • No caso de salario inferior ao mínimo, informe de bases de cotización da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Para outras posibles situacións, consultar co Ceesg.

Se no cobro anterior non te beneficiaches de desconto, recorda enviar xunto coa documentación xustificativa a solicitude de cota semestral bonificada

En caso de modificacións de conta bancaria dende o último cobro, pregamos que se notifique o antes posible enviando a ceesg@ceesg.gal o documento de domiciliación bancaria.