Nova CEESG
Formación: Acompañamento socioeducativo e Educación Social
No marco da Asemblea Xeral do Ceesg, que se celebrará o vindeiro 25 de marzo en Compostela, celebraremos unha formación que afondará no concepto do acompañamento socioeducativo.
O papel en clave educativa da/o profesional da Educación Social no traballo con persoas que atravesan diferentes procesos vitais e de cambio, é fundamental para que poidan construír por si mesmas/os as respostas ás súas vulnerabilidades.
Este curso é gratuíto e está dirixido a aquelas colexiadas, colexiados e estudantes amigas/os do Ceesg que vaian asistir á Asemblea Xeral posterior.
Para a asistencia é necesaria a inscrición previa.
Curso: Acompañamento socioeducativo e Educación Social.
Data: 25 de marzo de 2023
Horario: de 9:30 a 11:30 h.
Lugar: Santiago de Compostela. Escola Galega de Administración Pública (EGAP) - Aula 5
Cota: gratuíta.
Destinatarias/os: Colexiadas/os e/ou estudantes Amigas/os do Ceesg que asistan á Asemblea Xeral do Ceesg, que se celebrará a continuación.
Docentes: Sonia González Rodríguez, Deibe Fernández Simo.
Prazo de inscrición: ata o 20 de marzo (incluído).
(prazo de inscrición pechado)

Quizais che interese
Outras novas

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Educador/a social
- Educador/a social
- Operador/a teleasistencia
- Educador/a social
Se estás á procura desemprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O vindeiro mércores 29 de marzo teremos unha nova presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas.
Volvemos a Compostela, onde nos acollerá a Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.
Non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.
Mércores 29 de marzo ás 10:30 na aula 6-7 (módulo A).

O pasado sábado 25 de marzo tivo lugar a Asemblea do Ceesg.
As propostas levadas á asemblea foron aprobadas (acta da asemblea anterior, memorias económica e de actividades, orzamento e plans de traballo, e propostas económicas) Toda a documentación segue estando dispoñible para consulta na web do Ceesg, e pronto se actualizará a información xeral coas propostas económicas aprobadas, é dicir, a conxelación de cotas de mantemento colexial para o ano 2023, o cobro de cota por emisión de certificados a persoas non colexiadas, e redución de cota de alta para persoas tituladas recentes.
Previa á asemblea, tivo lugar unha formación na que puidemos reflexionar sobre o papel das educadoras e educadores sociais no acompañamento socioeducativo, e tamén se presentou o libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas, así como unha guía didáctica para o uso deste, que nos achega ideas de traballo coas crianzas para que coñezan a profesión e os seus contextos.
Nas nosas redes sociais podedes ver algunhas fotografías da xornada.
Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron na Asemblea.