Nova CEESG
Día Internacional da Educación Social 2021. Celebramos 20 anos en valor
Cada 2 de outubro celébrase o Día Internacional da Educación Social. Un día importante para a profesión, que dende o Ceesg enfocamos en poñer en valor a Educación Social, en dala a coñecer. É algo que vimos facendo todo o ano, pero que cobra un sentido especial nesta data, na que levamos a cabo iniciativas para divulgación do noso labor.
29 de setembro. Festexamos en Ourense o Día Internacional da Educación Social
Ourense é o escenario escollido para levar a cabo un completo programa, que desenvolveremos coa colaboración da Facultade de Educación do Campus de Ourense, do seu alumnado e profesorado. Ver detalles (Atención! Cambio de ubicación: será na parte de arriba do Parque de San Lázaro)
Premios 7º TFG.eduso
O 2 de outubro farase público na web www.ceesg.gal o resultado do 7º Concurso TFG.eduso, que premiará os mellores traballos de fin de grao de Educación Social das universidades galegas dos cursos 2018/2019 e 2019/2020.
#EdusoMes
Ao longo do mes de outubro publicaremos nas nosas redes sociais breves vídeos de colexiadas e colexiados con diferentes perfís profesionais, que compartirán coa comunidade colexial as súas opinións sobre a Educación Social.
Iniciativas CGCEES
Como entidade membro do Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales, sumarémonos ás iniciativas que este propoña para visibilizar a profesión e reivindicar o seu papel fundamental na sociedade.
Esperámosvos en Ourense, e nas redes!
Educación Social en Galicia. 20 anos en valor

Quizais che interese
Outras novas

Do 1 de xuño ao 30 de setembro o horario de atención na sede do Ceesg será de luns a venres de 8:00 a 15:00 h.

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Animador/a socioculturalEducador/a social
- Axente de emprego e desenvolvemento local
- Téc. De infraestruturas culturais
- Responsable OMIX e oficina de turismo
- Orientador/a laboral técnico/a
- Animador/a cultural
- Coordinador/a equipo intervención familiar
- Téc. En educación familiar
- Auxiliar educador/a
- Titor/a de programas de emprego
- Educador/a social
- T. orientación laboral
- Encargado/a responsable programas de emprego
- Consultoría: Avaliación de proxecto
- Consultoría: Formación
- Orientador/a laboral
- Téc. social
- Educador/a social
- Educador/a social
- Educador/a social
- Monitor/a de educación e tempo libre
- Monitor/a de educación e tempo libre
- Monitor/a de educación e tempo libre
- Monitor/a de educación e tempo libre
- Educador/a social
- Animador/a sociocultural
- Animador/a sociocultural
- Monitor/a de tempo libre
- Educador/a social
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O XXXIII CONGRESO ANUAL INTERNACIONAL DE XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA, organizado pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría terá lugar os días 9 e 10 de xuño en Vigo, baixo o lema ‘SOIDADE E AILLAMENTO SOCIAL. Novos retos e recursos’.
O Ceesg terá parte activa no mesmo, impartindo o Obradoiro 3: ‘Soidade activa nas persoas maiores. Novo reto da Educación Social’
Trátase dun achegamento á teoría sobre a idea da soidade enmarcada nos contextos da Educación Social e a construción entre as asistentes e as relatoras un marco reflexivo dentro dos efectos da soidade non desexada, no que aportar solucións profesionais e comunitarias, experimentando tanto, dende a perspectiva profesional coma da comunitaria.
Data: 10 de xuño do 2023
Hora: De 15:45 a 17:15
Lugar: Sala Dr. Fernando Veiga, Museo Verbum, Vigo
Presenta
Rosa Mínguez Moreira
Educadora Social. Vocal Social da SGXX
Relatoras
Lucía Chaves García. Educadora Social e Psicopedagoga. CEESG.
Florinda Vaamonde Romero. Educadora e Animadora Social. CEESG.
Programa completo e inscricións do congreso en https://congreso.sgxx.org/