Nova CEESG

Camisetas #EducaciónSocialFeminista - 8M

13 - 02 - 2023

Achégase o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, no que o movemento feminista se dará cita en concentracións e manifestacións en moitas vilas e cidades, nun berro necesario pola igualdade.
Animamos a participar nestes actos, e a vestir ese día a camiseta feminista do Ceesg. Recordamos que podes mercala aquí, e que se non podes pasar a recollela polo Ceesg, teremos opcións de recollida na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
Para asegurarnos de poder ter unidades suficientes en cada localidade, aconsellamos reservar antes do 1 de marzo.

Viste a túa camiseta nas concentracións convocadas polo 8M, fai unha foto, súbea a redes sociais co hashtag #Educacionsocialfeminista e etiqueta ao Ceesg.

Máis información sobre as camisetas

Quizais che interese

Outras novas

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Operador/a teleasistencia
  • Educador/a social

Se estás á procura desemprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas en Compostela
Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas en Compostela

O vindeiro mércores 29 de marzo teremos unha nova presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas.
Volvemos a Compostela, onde nos acollerá a Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.

Non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.

Mércores 29 de marzo ás 10:30 na aula 6-7 (módulo A).

Acordos da Asemblea do Ceesg 2023
Acordos da Asemblea do Ceesg 2023

O pasado sábado 25 de marzo tivo lugar a Asemblea do Ceesg.

As propostas levadas á asemblea foron aprobadas (acta da asemblea anterior, memorias económica e de actividades, orzamento e plans de traballo, e propostas económicas) Toda a documentación segue estando dispoñible para consulta na web do Ceesg, e pronto se actualizará a información xeral coas propostas económicas aprobadas, é dicir, a conxelación de cotas de mantemento colexial para o ano 2023, o cobro de cota por emisión de certificados a persoas non colexiadas, e redución de cota de alta para persoas tituladas recentes.

Previa á asemblea, tivo lugar unha formación na que puidemos reflexionar sobre o papel das educadoras e educadores sociais no acompañamento socioeducativo, e tamén se presentou o libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas, así como unha guía didáctica para o uso deste, que nos achega ideas de traballo coas crianzas para que coñezan a profesión e os seus contextos.

Nas nosas redes sociais podedes ver algunhas fotografías da xornada.

Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron na Asemblea.