Nova CEESG
Atención ás Vítimas de Abusos Sexuais no ámbito da Igrexa Católica
O Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) está representado, a través da súa Presidenta Lourdes Menacho Vega, na Comisión Asesora encargada de elaborar un informe sobre os abusos sexuais cometidos no ámbito da Igrexa católica, que preside o Defensor del Pueblo.
Trátase dunha Comisión formada por persoas externas con experiencia en atención a vítimas, con coñecementos no ámbito xurídico, dos dereitos humanos, en victimoloxía e na docencia.
Segundo o Defensor del Pueblo, o obxectivo principal da Comisión Asesora é ‘determinar feitos e responsabilidades, propoñer procedementos de reparación ás vítimas e impulsar medidas de prevención e protocolos de actuación para evitar que isto poida volver suceder’.
A Unidade de Atención ás Vítimas (UAV), creada en xullo de 2022, rexistra testemuños que as vítimas poden facer chegar a través de:
- a sección específica habilitada na web da institución www.defensordelpueblo.es.
- nunha entrevista presencial concertando previamente o encontro (900111025)
- por teléfono 900 111 025 (gratuíto)
- a través de correo electrónico (atencionvictimas@defensordelpueblo.es)
- ou por correo postal (Defensor del Pueblo. Calle Zurbano, 42. 28010).
Quizais che interese
Outras novas

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Educador/a social
- Educador/a social
- Operador/a teleasistencia
- Educador/a social
Se estás á procura desemprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O vindeiro mércores 29 de marzo teremos unha nova presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas.
Volvemos a Compostela, onde nos acollerá a Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.
Non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.
Mércores 29 de marzo ás 10:30 na aula 6-7 (módulo A).

O pasado sábado 25 de marzo tivo lugar a Asemblea do Ceesg.
As propostas levadas á asemblea foron aprobadas (acta da asemblea anterior, memorias económica e de actividades, orzamento e plans de traballo, e propostas económicas) Toda a documentación segue estando dispoñible para consulta na web do Ceesg, e pronto se actualizará a información xeral coas propostas económicas aprobadas, é dicir, a conxelación de cotas de mantemento colexial para o ano 2023, o cobro de cota por emisión de certificados a persoas non colexiadas, e redución de cota de alta para persoas tituladas recentes.
Previa á asemblea, tivo lugar unha formación na que puidemos reflexionar sobre o papel das educadoras e educadores sociais no acompañamento socioeducativo, e tamén se presentou o libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas, así como unha guía didáctica para o uso deste, que nos achega ideas de traballo coas crianzas para que coñezan a profesión e os seus contextos.
Nas nosas redes sociais podedes ver algunhas fotografías da xornada.
Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron na Asemblea.