Nova CEESG
Achegas da Educación Social e a Psicoloxía ao anteproxecto de lei de acceso aos Servizos Sociais
Tras a celebración da Jornada sobre el Anteproyecto de ley de condiciones básicas para la igualdad en el acceso y disfrute en los Servicios Sociales, celebrada en Madrid, o 11 de novembro de 2022, presentamos o documento definitivo resultante deste traballo conxunto do Consejo General de Psicología e do Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales, no que se recollen as achegas a dito anteproxecto.
Quizais che interese
Outras novas

A semana pasada reuniuse o xurado do 9º Concurso TFG.eduso, edición na que se puideron presentar os traballos realizados durante o curso 2021/2022.
O Concurso TFG.eduso premia os traballos de fin de grao de Educación Social presentados en galego nas universidades galegas.
Nesta edición presentáronse un total de 9 traballos (7 para a modalidade Educación Social escondida e 2 para a modalidade Educación Social estendida), e os seleccionados polo xurado foron:
Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESTENDIDA:
- Título: Abordar as actitudes e estereotipos negativos cara a vellez e a súa sexualidade: Unha responsabilidade desde a educación social.
- Autora: Raquel Saavedra Fernández.
- Titora: Isabel Piñeiro Aguín (Universidade da Coruña)
Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESCONDIDA:
- Título: “A categoría é… diversidade”. Unha proposta educativa baseada na cultura ballroom.
- Autor: Jonatan Santos Seoane.
- Titora: Nuria Manzano Soto (UNED)
Mención especial do xurado:
- Título: O acompañamento psicosocial no proceso de interrupción voluntaria do embarazo.
- Autora: Ana Rodríguez Pérez.
- Titora:Águeda Gómez Suárez (Universidade de Vigo - Campus de Ourense)
—
Parabéns ás gañadoras!!
Queremos agradecer a súa participación a todas e todos os participantes que presentaron os seus traballos ao concurso, así como ao xurado, que de xeito desinteresado fixeron posible levar a cabo esta iniciativa. Nesta convocatoria, o xurado estivo integrado por:
- Xosé Manuel Cid Fernández, profesor da Universidade de Vigo
- Silvana Longueira Mato, profesora da Universidade de Santiago.
- Luisa Losada Puente, profesora da Universidade da Coruña.
- Ana Fernández García, profesora da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)
- Sonia González Rodríguez, presidenta do Ceesg.

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Educador/a social
- Mediador/a
- Coordinador/a de recursos residenciais
- Auxiliar educativa/o
- Educador/a social
- Educador/a social
- Educador/a social
- T. de inclusión sociolaboral
- Educador/a social
- Responsable de proxecto
- Animador/a xeriátrico
- Axente de desenvolvemento social
- Orientador/a profesional para a inserción
- T. de inserción
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Os grupos de traballo son moi importantes para que dende o Ceesg poidamos abarcar actuacións en diferentes ámbitos de traballo.
Por iso, queremos abrir a proposta de creación de dous novos grupos de traballo, especializados en ámbitos que consideramos moi relevantes:
Renda Básica e Educación Social.
Educación Social en prisións.
Quen pode formar parte dun grupo de traballo?
Calquera persoa colexiada ou amiga do Ceesg. O único requisito é ter interese no eido do grupo e compromiso para participar.
Que fai un grupo de traballo?
Poden desenvolver distintas liñas de acción para a mellora da nosa profesión: elaboración de estudos e informes, organización de xornadas formativas e outras actividades de divulgación, creación de ferramentas de traballo, publicación de artigos… Así mesmo, poden ter un papel asesor aos órganos directivos e ao persoal do Ceesg sobre aspectos relacionado coa súa área de traballo.
Como funcionan os grupos de traballo?
Os obxectivos e actuacións de cada grupo de traballo defínense anualmente no plan que deben presentar á Xunta de Goberno para a súa aprobación e inclusión no Plan de traballo anual do Ceesg. Son as propias persoas do grupo quen establecen o xeito de estar en contacto.
Que facer para participar nos novos grupos?
Gustaríanos celebrar xuntanzas a mediados de febreiro, nas que xa poderían quedar constituídos os grupos de Prisións e de Renda Básica.
Se che interesa participar, ou queres informarte, escríbenos a servizos.colexiais@ceesg.gal ou chámanos ao 981552206. Estaremos en contacto coas persoas interesadas para marcar a data de xuntanza e poñernos en marcha.
En que outros grupos se pode participar?
Diverdade, centrado en diversidade funcional, está nun momento no que precisa sumar apoios para poder continuar a súa actividade. Se tes inquedanzas sobre este ámbito, poñerémoste en contacto coas persoas do grupo para falar polo miúdo e que decidas se o grupo é para ti.
Outros grupos que existen son: Animación sociocultural e xestion cultural, Miolo (saúde), Escaravallendo/aBeira (infancia e familias), Fiadeiras (feminismos), e Geix (persoas maiores).