Conéctate con cabeza. Prevención da violencia de xénero dixital

Conéctate con cabeza. Prevención da violencia de xénero dixital

Datas: 12/12/22
Impartido por:

Sedra

Descrición:

Vivimos nunha sociedade hiperdixitalizada na que o uso de internet e das novas tecnoloxías xa forman parte do noso día a día. Por iso, igual que sucede con outros aspectos da vida, a sexualidade pasou a estar moi presente nas redes sociais, nas webs que visitamos e tamén nos nosos móbiles.
Desfrutar da nosa sexualidade a través de internet converteuse nun acto habitual. Tanto, que o acto de producir e compartir contidos sexuais ou eróticos a través de internet xa ten un nome: sexting. Unha práctica sexual que se desenvolve sobre todo a través do móbil e que se leva a cabo tanto por persoas mozas como adultas.
Con este curso queremos partillar contigo reflexións e ferramentas para que poidamos construír unha vivencia positiva da sexualidade empregando as novas tecnoloxías e ao mesmo tempo previr a violencia de xénero dixital.

  • Data: luns 12 de decembro de 9:30 a 13:30 h.
  • Modalidade: Presencial, na sede do Ceesg.
  • Persoas destinatarias: Colexiadas/os e amigas/os do Ceesg.
  • Cota matrícula: gratuíta.
  • Data límite de inscrición: 8/12/22.

Documentos do curso:

Ver información detallada do curso

Conéctate con cabeza. Prevención da violencia de xénero dixital