Poñemos a disposición dous novos materiais que poden adquirirse a prezo de custe, previa reserva, con recollida na sede do Ceesg ou en eventos presenciais:


Caderno de Mulleres na Educación Social:

Libretas tamaño A5, con 136 páxinas lisas en papel reciclado e 8 separadores. Cada separador recolle a ilustración e breve biografía dunha educadora social, con representación de diferentes ámbitos de traballo, que son unha mostra da valía da nosa profesión.

Prezo: 7€ / unidade.


Camisetas Educación Social Feminista:

Camiseta cor morada e manga longa, co lema impreso en branco #EducaciónSocialFeminista e deseño do Ceesg. Dispoñible en tallas S, M, L e XL. Para lucir a profesión nas reivindicacións do 8M.

Prezo: 10,37€ / unidade.


Como conseguir o caderno e/ou camiseta:

Só é posible recollelas na sede do Ceesg ou en determinados eventos que se irán anunciando. No formulario de reserva debes indicar o modo de entrega.

Para facer o encargo, envía os teus datos e xustificante de pago a través do formulario ao final desta páxina. Recibirás unha confirmación da reserva por correo-e (non é automático, pode tardar uns días)

Nº de conta para o pago: ES41 – 0081 - 0499 - 6100 - 0104 – 6708 (Banco Sabadell)

Formulario de reserva de cadernos e/ou camisetas