Colexiación
Como colexiarse?
Para colexiarte, debes achegar a seguinte documentación ao Ceesg por correo postal certificado, email ou achegándote presencialmente á nosa sede:
- Solicitude de colexiación (descargar)
- Copia do DNI.
- Copia do título universitario de Educación Social.
- Fotografía tipo carné.
- Resgardo do ingreso bancario da cota de alta*.
- No caso de beneficiarte de cota de mantemento reducida, documentación xustificativa.
(na solicitude aparece esta información máis detallada)
Unha vez recibida a documentación completa no Ceesg, daráselle trámite administrativo, do que recibirás confirmación por correo electrónico xunto co teu número de colexiada/o. Nun prazo breve, remitirémosche por correo ordinario, entre outra documentación:
- Unha copia da solicitude de alta e da domiciliación bancaria.
- O certificado de colexiación.
- O carné de colexiada/o.
- Os documentos profesionalizadores da Educación Social.
Xa formalizada a túa alta no Ceesg entrarías a formar parte da vida colexial e a disfrutar de todos os dereitos como colexiada/o.
O prazo aproximado de resolución da solicitude de colexiación é de 15 días (pode prolongarse en épocas vacacionais ou de alto volume de traballo).
*Cota de alta: 65 €. Redución para persoas tituladas recentemente (15€ no primeiro ano dende o remate dos estudos de Educación Social, 35€ no segundo ano) As cotas de mantemento colexial cobraranse por domiciliación bancaria (ver información sobre cotas de mantemento)