Experiencias Saúde Mental outubro 2023 formulario

O Grupo de Traballo de Saúde Miolo, do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, está traballando na organización dunha Xornada que ten por finalidade favorecer a difusión e posta en valor de proxectos relacionados coa saúde mental nos que ten presenza a Educación Social, facilitando ademais un espazo para o encontro e o fortalecemento de redes profesionais e para a reflexión acerca das actuais necesidades socioeducativas neste eido.

Se queres presentar nesta xornada un proxecto ou iniciativa do que formas parte, cubre este formulario para que poidamos valoralo.

A finais do mes de maio respostarase a todas as propostas presentadas, para confirmar se foron seleccionadas para formar parte do programa.

Está previsto celebrar a xornada en Santiago de Compostela no mes de outubro (data por concretar)

Moitas grazas pola colaboración!

(Se resulta seleccionada, só unha persoa se encargará da presentación na xornada)

Información básica sobre protección de datos de carácter persoal

Responsable

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Finalidades

Xestión e valoración dos proxectos proxectos relacionados coa saúde mental nos que ten presenza a Educación Social, remitidos para a súa presentación na Xornada “Educación Social e saúde mental – Experiencias en Galicia”, así como os demais trámites derivados da mesma.

Lexitimación

Consentimento da persoa interesada, interese do solicitante e propio: RGPD: art 6.1: Consentimento da persoa interesada.

LO 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Colectivo

Persoas físicas interesas en remitir propostas relativas a Educación Social e Saúde metal para poder valorar a súa inclusión na Xornada que ten previsto realizar o Ceesg.

Categorías

Nome e apelidos, teléfono, correo electrónico, entidade vinculada e ámbito territorial da proposta.

Cesións

Os datos serán comunicadas ás persoas integrantes do grupo de traballo Miolo designadas polo Ceesg para a valoración das propostas recibidas.

Non haberá máis cesións de datos a terceiros salvo consentimento expreso ou segundo as excepcións previstas pola normativa vixente.

Dereitos

Acceso, rectificación, supresión e dereito ao esquecemento, limitación do tratamento, portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD e non ser obxecto de elaboración de perfís. Dereito a revocar o consentimento prestado.

Máis info

Pode consultar máis información na Política de Privacidade