Colexiación

Como colexiarse?

Para colexiarte, debes achegar a seguinte documentación ao Ceesg por correo postal certificado, email ou achegándote presencialmente á nosa sede:

  • Solicitude de colexiación (descargar)
  • Copia do DNI.
  • Copia do título universitario de Educación Social.
  • Fotografía tipo carné.
  • Resgardo do ingreso bancario da cota de alta.
  • No caso de beneficiarte de cota de mantemento reducida, documentación xustificativa.

(na solicitude aparece esta información máis detallada)


Unha vez recibida a documentación completa no Ceesg, daráselle trámite administrativo, do que recibirás confirmación por correo electrónico xunto co teu número de colexiada/o. Nun prazo breve, remitirémosche por correo ordinario, entre outra documentación:

  1. Unha copia da solicitude de alta e da domiciliación bancaria.
  2. O certificado de colexiación.
  3. O carné de colexiada/o.
  4. Os documentos profesionalizadores da Educación Social.

Xa formalizada a túa alta no Ceesg entrarías a formar parte da vida colexial e a disfrutar de todos os dereitos como colexiada/o.

Campaña ‘Camiña con nós’

Ver información sobre a cotas de mantemento colexial.

banner sabadell

logo sabadell