Loading...

SERVIZOS

O horario de atención da biblioteca coincide co de atención ao público do Ceesg, sempre que non coincida con outra actividade programada ou con algún traballo interno que requira do uso deste espazo. Recoméndase consultar previamente a dispoñibilidade do servizo no horario que se pretenda utilizar, así como para consultar a dispoñibilidade das publicacións que se pretende consultar ou levar emprestadas.

A colección está organizada por temáticas, coincidentes cos principais ámbitos de traballo na Educación Social.

Os servizos da biblioteca están dirixidos exclusivamente a persoas colexiadas: consulta en sala, empréstito a domicilio, consulta de soportes informáticos e consulta de internet.