Loading...

Eu quero unha Lei de Educación Social

DATA:2017

 

Un dos principais obxectivos da nosa profesión é a consecución dunha Lei que regule o dereito á Educación Social.

En decembro de 2016 o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales iniciou a campaña “Por una Ley de Educación Social” exercendo o Dereito de Petición presentando unha solicitude ante o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e o Congreso dos Deputados, invitando á súa vez a educadores/as sociais, colexios profesionais de Educación Social, estudantes de Educación Social, particulares e institucións e entidades, a sumarse a esta solicitude. No ano seguinte, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia deu un paso máis, solicitando ao goberno galego a creación dunha Lei Galega do dereito á Educación Social.

Este é o folleto utilizado durante a primeira fase da campaña.