ACTUALIDADE

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Educadoras/es sociais
- Técnica/o de apoio social
- Animador/a sociocultural (OPE)
- Educador/a social
- Prácticas remuneradas
- Educador/a social
- Técnica/o servizo emerxencia social
- Bolsa Educación Social
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O Colegio Profesional de Educadores Sociales de la Región de Murcia (CPESRM) organiza o curso en liña ‘ESPECIALISTA EN MEDIACIÓN’, que será impartido do 5 de maio ao 5 de xuño de 2021.
O obxectivo do curso é capacitar ás/aos profesionais da educación social para actuar como mediadoras/es en situacións de conflito.
Desconto para persoas colexiadas, incluídas as do Ceesg.
Modalidade: en liña.
Duración: 100 horas.
Prazo de inscrición: ata o 20 de abril.

O Colegio Oficial de Educadoras y Educadores Sociales de Navarra (COEESNA-NAGIHEO) organiza o curso en liña ‘ÉTICA PROFESIONAL Y CÓDIGO DEONTOLÓGICO DEL/A EDUCADOR/A SOCIAL’, que será impartido os días 5 e 6 de maio de 2021.
O curso formula, entre outros obxectivos,coñecer os principios éticos da profesión, reflexión sobre situacións conflitivas cotiás, e posibilitar interpretacións diferentes sobre os conflitos asociados ao traballo socioeducativo.
Modalidade: online.
Duración: 12 h.
Prazo de inscrición: 3 de marzo.

O Programa CONVIVE.COMigo que se desenvolve na provincia de Pontevedra ten a finalidade de continuar nutrindo o banco do programa con de persoas ou familias que queiran convivir cun/cunha adolescente que teña a obriga de cumprir a medida xudicial de ‘Convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo’.
A través deste programa, xestionado por Arela, búscanse familias e persoas cunha alta sensibilidade cara a adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades. Un ambiente socializador e positivo permitiralles ás/aos adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.
Os requisitos para formar parte deste programa son: ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de paternidade… A súa vez, valorase positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico .
ARELA ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40€ diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa.
Dende a Páxina web de ARELA (www.arela.org) pódese consultar máis información sobre este programa, así como dende o teléfono da súa sede central, 986 21 25 37 ou a través do correo electrónico convive@arela.org
*ARELA é unha asociación que leva traballando en Galicia dende o ano 1998 con infancia e adolescencia en situación de desprotección e/ou conflito social, prestando diferentes servizos: Casas de Familia, Centros de Atención de Día Integral e Centros de Intervención Educativo en Medio Aberto (CIEMA) coa Consellería de Política Social.

O Colegio Oficial de Educadoras y Educadores Sociales de Navarra (COEESNA-NAGIHEO) organiza o curso en liña ‘ENTREVISTA A VÍTIMAS ESPECIALMENTE VULNERABLES’, que será impartido del 25 de febreiro ao 25 de marzo de 2021.
O obxectivo do curso é proporcionar a profesionais do ámbito social, sanitario, educativo, policial, os coñecementos e habilidades necesarias para realizar entrevistas a vítimas especialmente vulnerables, con todas as garantías legais e minimizando o trauma dunha victimización secundaria; en particular menores, vítimas de violencia de xénero e vítimas con discapacidade intelectual con obxecto de explorar de forma efectiva experiencias de malos tratos, abuso ou calquera outro tipo de agresión sufrida.
Modalidade: online.
Prazo de inscrición: do 21 de febreiro.

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de toma de decisións do colexio, formado por todas as persoas colexiadas. Cada ano reúnese como mínimo unha vez para decidir sobre a actividade do colexio.
Este ano, a Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o 27 de febreiro e celebrarase de xeito telemático.
Todas as persoas que estean colexiadas na data de convocatoria están convocadas a participar. Tamén poden participar as Amigas e amigos do Ceesg (con voz e sen voto).
Pregamos confirmar asistencia, para adaptar o mellor posible os medios técnicos ao nivel de participación previsto.
Enlace á documentación da Asemblea 2021.
- Data: sábado 27 de febreiro de 2020.
- Inicio: 10:00 (primeira convocatoria), 10:30 (segunda convocatoria)
- Fin: 13:30 aproximadamente.