Nova CEESG

V Congreso Ibérico: A Fenda Dixital: Videoxogos, ludificación e aprendizaxe baseada en xogos dixitais

09 - 03 - 2021

O V Congreso Internacional ‘A fenda dixital’ terá lugar en Portugal os días 15 e 16 de outubro de 2021, en Porto.

O congreso desenvolverase integramente por modalidade Online.

Esta edición do Congreso da Fenda Dixital constitúe tamén un contexto de intercambio sobre experiencias e proxectos de investigación innovadores relacionados cos videoxogos. Asi mesmo, pretende favorecer o feed-back e a reflexión entre docentes, educadores-as sociais, pedagogos-as, psicólogos-as, e outros-as participantes, coa finalidade de analizar críticamente o papel que os videoxogos teñen desempeñado no ámbito académico e nos contextos sociocomunitarios.

Ir á web do congreso

Quizais che interese

Outras novas

Súmate á campaña do CGCEES para visibilizar a loita contra o Acoso Escolar
Súmate á campaña do CGCEES para visibilizar a loita contra o Acoso Escolar

A Comisión de Educación Social no Sistema Educativo do CGCEES convídate a participar na campaña do Día Internacional contra o Acoso Escolar (2 de maio).
A idea é moi sinxela: faite unha foto coa mensaxe #Yotambiénconstruyoconvivencia e envíalla a través deste Formulario
Tes ata o 25 de abril de 2021 (ata as 22.00 h.) para facer chegar a imaxe e a mensaxe, e axudarnos a visibilizar o traballo das Educadoras e os Educadores Sociais a favor da convivencia nos centros escolares.
A mellor forma de combater e erradicar o acoso escolar é a construción de convivencia no sistema educativo.

COMO PARTICIPAR:

Faite a foto no lugar desde o que constrúes convivencia.
O fío condutor é o sistema educativo e toda a súa contorna: ANPAS, colexios, institutos, asociacións, fundacións, ONG que desenvolvan programas en centros educativos, investigadoras/é, formadoras/é do profesorado, estudantes con interese en formar parte do sistema educativo, pais, nais e demais persoas que formen parte da comunidade educativa, coa mirada ampla que a educación para a convivencia implica.
Incluír na imaxe a mensaxe #Yotambienconstruyoconvivencia (en calquera dos idiomas oficiais do Estado, ou no que uses para construír convivencia).
Ser o máis orixinal posible, ou o máis sinxela, ou o máis auténtica, ou o máis ti. Iso si, debe ser unha foto túa, que queiras que forme parte da campaña, libre de dereitos de autor/a e autorizada nos termos que se inclúen no formulario.
Evidentemente, buscamos que as fotos as protagonicen Educadoras e Educadores sociais: somos a alma desta campaña!
Axúdanos a visibilizar a mensaxe a Educación Social É convivencia!

Formación Ceesg: FAGAMOS UN BO TRATO. Prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade
Formación Ceesg: FAGAMOS UN BO TRATO. Prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade

O grupo de traballo Fiadeiras do Ceesg, en colaboración coa Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE), ofrece unha serie de obradoiros gratuítos en liña sobre sexualidade e xénero, dirixidos a persoas colexiadas do Ceesg ou doutros colexios profesionais pertencentes ao CGCEES, así como a estudantes amigas/os do Ceesg e figuras similares doutros colexios.
O terceiro dos cursos que se ofrece é ‘FAGAMOS UN BO TRATO. Prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade’.

Datas: 26, 27 e 28 de abril.
Horario: de 17:00 a 19:00 h.

Xa está aberto o prazo de inscrición.

Ver información detallada e formulario de incricións

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • T. de infraestruturas culturais
  • Monitor/a de tempo libre
  • Axente de emprego e desenvolvemento local

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.