Nova CEESG

O Ceesg recorda a inaceptable situación da profesión de Educación Social na Xunta de Galicia, con motivo da celebración dos exames de oposición de ‘Educadoras/es’

25 - 03 - 2021

    O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) recorda que é necesario revisar a Lei de Emprego Público para regularizar a situación da profesión de Educador/a social.

    Os exames da anterior OPE tiveron lugar no ano 2007. Despois de catorce anos, non só non se emendou a situación, senón que se danou aínda máis.

Este sábado terá lugar o exame de oposición para os postos de ‘Educador/a’ da Xunta de Galicia, dos que se convocan 86 postos (ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2018), e aos que aspiran 1965 persoas, entre a quenda de acceso libre e a de promoción interna.
Con ocasión da celebración deste exame, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) reitera o agravio e perda de calidade que supón esta convocatoria, ao admitir titulacións distintas ao título universitario de Educación Social. Agravio porque as demais titulacións admitidas xa teñen unha categoría propia, á que como é lóxico, só se pode acceder con esas titulacións concretas, e perda de calidade dos servizos socioeducativos porque non se garante a formación específica do persoal nin a interdisciplinariedade que debe caracterizar os equipos profesionais.
Tanto a Dirección Xeral de Función Pública coma as organizacións sindicais fixeron caso omiso das peticións do Ceesg, desoíndo todas as alegacións presentadas no seu momento aos diferentes borradores da convocatoria, formuladas tamén en xuntanzas presenciais.
A Xunta de Galicia debería velar por ofrecer á cidadanía unha atención especializada, así como respectar os dereitos das persoas que investiron esforzo, tempo e cartos nunha formación universitaria oficial, recoñecida pola administración pública. A día de hoxe, máis de 4000 persoas tituladas en Educación Social en Galicia.
A Lei de Emprego Público de Galicia, que ampara esta situación, debe ser modificada para poñer fin a esta situación dunha vez por todas, algo que o Ceesg seguirá reivindicando por todos os medios ante a Dirección Xeral de Función Pública e sindicatos, nas sucesivas ofertas de emprego público e convocatorias que poidan producirse.

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Quizais che interese

Outras novas

Próximo número da revista RES
Próximo número da revista RES

O número 35 da revista RES centrará a súa atención no VIII Congreso de Educación Social, 2022. Registro, memoria y palabra.

Recordamos que tamén se poden enviar propostas para a sección de miscelánea, na que se recollen outros temas interesantes aínda que fóra do tema central do número, así como ás seccións de actualidade e reseñas.

Quen teña propostas para enviar a estas seccións, pode presentalas antes do 15 de setembro de 2022.

Ver presentación do vindeiro número (nesta páxina tamén podedes atopar enlaces con orientacións sobre as colaboracións, autorización de artigos e criterios de publicación)

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Axente de emprego e desenvolvemento local (OPE)
  • Técnica/o centro de acollida
  • Profesor/a reforzo escolar
  • Educador/a social
  • Técnico/a local de emprego / AEDL (OPE)
  • Técnico/a OMIX (OPE)
  • Educador/a familiar (OPE)
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Animador/a sociocultural
  • T. de intervención familiar
  • Educador/a social

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Aviso sobre horario de atención
Aviso sobre horario de atención

Recordamos que a sede do Ceesg estará pechada por vacacións do 8 ao 19 de agosto.

As cuestións recibidas por email resolveranse o antes posible, a partir do 19 de agosto, data na que se retomará a atención telefónica e presencial no horario habitual: de luns a venres de 8:00 a 15:00 h.