Nova CEESG

Formación con desconto: Atención a mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual

25 - 01 - 2021

O Colegio Oficial de Educadoras y Educadores Sociales de Castilla-La Mancha (CESCLM) organiza a 2ª edición do Curso: ‘DETECCIÓN Y ASISTENCIA JURÍDICA A MUJERES VÍCTIMAS DE TRATA CON FINES DE EXPLOTACIÓN SEXUAL”, que será impartido en la modalidad online, del 22 de febrero al 26 de marzo de 2021.

O obxectivo do curso é formar a profesionais susceptibles de participar na intervención con potenciais vítimas sobre o encadre da realidade da Trata de mulleres con fins de explotación sexual, e a forma de detección e intervención en cada caso, desde un enfoque de dereitos humanos, con perspectiva de xénero e respectuoso cara a realidade transcultural.

Modalidade: online.

Ver guía do curso.

Prazo de inscrición: do 20 de xaneiro ao 12 de febreiro. Ampliado ata o 17 de febreiro.

Ver información detallada.


O Ceesg non organiza nin patrocina esta actividade, nin se fai responsable do seu contido nin das condicións de contratación, que serán directamente coa empresa ofertante.

Quizais che interese

Outras novas

Súmate á campaña do CGCEES para visibilizar a loita contra o Acoso Escolar
Súmate á campaña do CGCEES para visibilizar a loita contra o Acoso Escolar

A Comisión de Educación Social no Sistema Educativo do CGCEES convídate a participar na campaña do Día Internacional contra o Acoso Escolar (2 de maio).
A idea é moi sinxela: faite unha foto coa mensaxe #Yotambiénconstruyoconvivencia e envíalla a través deste Formulario
Tes ata o 25 de abril de 2021 (ata as 22.00 h.) para facer chegar a imaxe e a mensaxe, e axudarnos a visibilizar o traballo das Educadoras e os Educadores Sociais a favor da convivencia nos centros escolares.
A mellor forma de combater e erradicar o acoso escolar é a construción de convivencia no sistema educativo.

COMO PARTICIPAR:

Faite a foto no lugar desde o que constrúes convivencia.
O fío condutor é o sistema educativo e toda a súa contorna: ANPAS, colexios, institutos, asociacións, fundacións, ONG que desenvolvan programas en centros educativos, investigadoras/é, formadoras/é do profesorado, estudantes con interese en formar parte do sistema educativo, pais, nais e demais persoas que formen parte da comunidade educativa, coa mirada ampla que a educación para a convivencia implica.
Incluír na imaxe a mensaxe #Yotambienconstruyoconvivencia (en calquera dos idiomas oficiais do Estado, ou no que uses para construír convivencia).
Ser o máis orixinal posible, ou o máis sinxela, ou o máis auténtica, ou o máis ti. Iso si, debe ser unha foto túa, que queiras que forme parte da campaña, libre de dereitos de autor/a e autorizada nos termos que se inclúen no formulario.
Evidentemente, buscamos que as fotos as protagonicen Educadoras e Educadores sociais: somos a alma desta campaña!
Axúdanos a visibilizar a mensaxe a Educación Social É convivencia!

Formación Ceesg: FAGAMOS UN BO TRATO. Prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade
Formación Ceesg: FAGAMOS UN BO TRATO. Prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade

O grupo de traballo Fiadeiras do Ceesg, en colaboración coa Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE), ofrece unha serie de obradoiros gratuítos en liña sobre sexualidade e xénero, dirixidos a persoas colexiadas do Ceesg ou doutros colexios profesionais pertencentes ao CGCEES, así como a estudantes amigas/os do Ceesg e figuras similares doutros colexios.
O terceiro dos cursos que se ofrece é ‘FAGAMOS UN BO TRATO. Prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade’.

Datas: 26, 27 e 28 de abril.
Horario: de 17:00 a 19:00 h.

Xa está aberto o prazo de inscrición.

Ver información detallada e formulario de incricións

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • T. de infraestruturas culturais
  • Monitor/a de tempo libre
  • Axente de emprego e desenvolvemento local

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.