Nova CEESG

Formación Ceesg: obradoiros sobre sexualidade e xénero

11 - 03 - 2021

O grupo de traballo Fiadeiras do Ceesg, en colaboración coa Federación Planificación Familiar Estatal (FPFE), ofrece catro obradoiros gratuítos en liña sobre sexualidade e xénero.
Poden inscribirse educadoras/es sociais colexiadas/os no Ceesg ou noutros colexios profesionais do CGCEES, así como amigas/os do Ceesg e figuras similares doutros colexios profesionais do CGCEES.
A continuación ofrecemos unha breve descrición dos obradoiros, e proximamente iremos ampliando a información de cada un deles, ao tempo que abriremos o prazo de inscrición.

“CONÉCTATE CON CABEZA”. Proxecto de prevención da violencia de xénero dixital. (2h.)

Data: 30 de marzo.
Contidos:

  • O mapa da sexualidade
  • Erótica e novas tecnoloxías - sexting, pornografía, cibersexo, ciberacoso, violencia dixital de xénero, aplicacións para ligar, grooming, etc.
  • Prevención de riscos.
  • Traballo de casos.

—————-FINALIZADO—————

“TENDENDO PONTES” Atención á xuventude, mulleres e homes inmigrantes en saúde sexual. (6h.)

Datas: 15, 16 e 22 de abril.
Contidos:

  • Dereitos sexuais e reprodutivos.
  • Conceptos básicos relacionados coa sexualidade.
  • Educación sexual - Como, cando e onde facela.
  • Cuestións culturais relacionadas coa sexualidade.
  • Maternidade e paternidade.
  • Anticoncepción. Anatomía e fisioloxía da sexualidade e a reprodución.
  • Prevención de riscos: embarazos non planificados; infeccións de transmisión xenital, buco-xenital e VIH.
  • Relacións de parella. Prevención de situacións de violencia de xénero.
  • Prevención de riscos asociados á sexualidade.
  • Recursos públicos: os recursos sociosanitarios de proximidade.
  • Uso de recursos de atención en saúde sexual como método de prevención e detección precoz.

—————PECHADO PRAZO—————


“FAGAMOS UN BO TRATO” - Programa de prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade. (6h.)

Datas: 26, 27 e 28 de abril.
Contidos:

  • Drogas: conceptos básicos a ter en conta.
  • Influencia das drogas no comportamento.
  • Relación entre consumo de drogas e condutas violentas.
  • Influencia do consumo de drogas nas relacións de parella e eróticas.
  • Mitos e crenzas erróneas entre consumo e erótica.

Ver información detallada e inscricións


“PROMÓVETE POLOS TEUS DEREITOS”. Proxecto para a sensibilización e empoderamento no marco dos dereitos sexuais. (6h.)

Datas: 3, 4 e 5 de maio.
Contidos:

  • O marco dos dereitos sexuais e reprodutivos.
  • A situación dos dereitos sexuais e reprodutivos no mundo e no Estado español.
  • Traballo grupal: selección de temas para o desenvolvemento de proxectos multiplicadores.
  • Activismo no marco dos dereitos sexuais.
  • Metodoloxías clásicas de activismo e “artivismo”.

Ver información detallada e inscricións (proximamente)

Quizais che interese

Outras novas

Súmate á campaña do CGCEES para visibilizar a loita contra o Acoso Escolar
Súmate á campaña do CGCEES para visibilizar a loita contra o Acoso Escolar

A Comisión de Educación Social no Sistema Educativo do CGCEES convídate a participar na campaña do Día Internacional contra o Acoso Escolar (2 de maio).
A idea é moi sinxela: faite unha foto coa mensaxe #Yotambiénconstruyoconvivencia e envíalla a través deste Formulario
Tes ata o 25 de abril de 2021 (ata as 22.00 h.) para facer chegar a imaxe e a mensaxe, e axudarnos a visibilizar o traballo das Educadoras e os Educadores Sociais a favor da convivencia nos centros escolares.
A mellor forma de combater e erradicar o acoso escolar é a construción de convivencia no sistema educativo.

COMO PARTICIPAR:

Faite a foto no lugar desde o que constrúes convivencia.
O fío condutor é o sistema educativo e toda a súa contorna: ANPAS, colexios, institutos, asociacións, fundacións, ONG que desenvolvan programas en centros educativos, investigadoras/é, formadoras/é do profesorado, estudantes con interese en formar parte do sistema educativo, pais, nais e demais persoas que formen parte da comunidade educativa, coa mirada ampla que a educación para a convivencia implica.
Incluír na imaxe a mensaxe #Yotambienconstruyoconvivencia (en calquera dos idiomas oficiais do Estado, ou no que uses para construír convivencia).
Ser o máis orixinal posible, ou o máis sinxela, ou o máis auténtica, ou o máis ti. Iso si, debe ser unha foto túa, que queiras que forme parte da campaña, libre de dereitos de autor/a e autorizada nos termos que se inclúen no formulario.
Evidentemente, buscamos que as fotos as protagonicen Educadoras e Educadores sociais: somos a alma desta campaña!
Axúdanos a visibilizar a mensaxe a Educación Social É convivencia!

Formación Ceesg: FAGAMOS UN BO TRATO. Prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade
Formación Ceesg: FAGAMOS UN BO TRATO. Prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade

O grupo de traballo Fiadeiras do Ceesg, en colaboración coa Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE), ofrece unha serie de obradoiros gratuítos en liña sobre sexualidade e xénero, dirixidos a persoas colexiadas do Ceesg ou doutros colexios profesionais pertencentes ao CGCEES, así como a estudantes amigas/os do Ceesg e figuras similares doutros colexios.
O terceiro dos cursos que se ofrece é ‘FAGAMOS UN BO TRATO. Prevención sobre situacións de xénero e violencia sexual no contexto do consumo de drogas na mocidade’.

Datas: 26, 27 e 28 de abril.
Horario: de 17:00 a 19:00 h.

Xa está aberto o prazo de inscrición.

Ver información detallada e formulario de incricións

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • T. de infraestruturas culturais
  • Monitor/a de tempo libre
  • Axente de emprego e desenvolvemento local

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.