Nova CEESG

Eliminación das contas de correo ceesg.org

11 - 05 - 2021

Como consecuencia do cambio de ceesg.org a ceesg.gal, é necesario facer tamén o cambio nos correos electrónicos.

As contas de correo do dominio ceesg.org, e todo o seu contido, eliminaranse a partir do día 1 de xuño. Non obstante, durante un tempo existirá a posibilidade de redirixir o correo que chegue de ceesg.org a calquera outra conta. Para facer isto é necesario solicitalo ao Ceesg (pode facerse antes ou mesmo despois do 1 de xuño).

Toda persoa colexiada que o desexe pode solicitar unha nova conta co dominio ceesg.gal a través da nosa páxina web.

Esta cuestión xa ten sido informada dende hai meses a todas as persoas que teñen conta ceesg.org.

En caso de dúbidas, podes contactar co persoal do Ceesg.

Quizais che interese

Outras novas

Protección dos dereitos das vítimas. Manual para profesionais
Protección dos dereitos das vítimas. Manual para profesionais

Ao longo do ano 2020 o Ceesg ten participado en varias xuntanzas de Capacity Building organizadas pola Asociación Consensus, e cofinanciadas pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, dentro do Proxecto Pro.Vi (Protecting victims’ rights), cofinanciado polo programa de Xustiza da Comisión Europea e apoiada pola Deputación de A Coruña e a Unidade de psicoloxía forense da USC.

Nesta mesma liña, o Proxecto Europeo Pro.Vi vén de publicar o Manual para profesionais Pro.Vi (Protecting Victim´s Right) centrado na protección das vítimas de delitos, que proporciona orientación práctica para o acompañamento ás vítimas de delitos.

Modificación da Lei 14/2021, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Modificación da Lei 14/2021, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

No DOG do 28 de xullo podedes atopar a Lei 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de Xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, aprobada por unanimidade na Cámara galega.
Unha das modificacións máis importantes e a ampliación do concepto de violencia machista ao recoñecer a violencia vicaria como violencia de xénero. Incluindo o recoñecemento de estatuto de vítimas non só no caso de asesinato ou homicidio, senón cando existe calquera forma de violencia recollida na mesma lei.
Lembremos que a violencia vicaria é aquela violencia que se exerce sobre a muller co fin de causarlle un dano a través de terceiras persoas (fillas, fillos, nai, pai, parella actual…) e que acada o seu grao máis elevado co homicidio ou asasinato destas persoas.
Outra modificación é o seu carácter retroactivo, de forma que todas as mulleres que sufriron no pasado violencia machista quedan amparadas e teñen acceso a protección e axudas.

Enlace á modificación da lei

Queremos lembrar que o Ceesg, a través do grupo Fiadeiras participa activamente no grupo de Traballo 3 ‘Abordaxe da Violencia de Xénero coa mocidade dende o ámbito educativo’ e no Observatorio Galego de Violencia de Xénero como Vogal.

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Director/a da casa da cultura - técnica/o de cultura
  • Dinamizador/a do territorio con enfoque de xénero
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Técnica/o de márketing dixital, comunicación e redes sociais
  • Técnica/o de formación

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.