Nova CEESG

Eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg

26 - 11 - 2021

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) celebrará eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg o sábado 19 de febreiro de 2022 na Casa das Asociacións de Cornes (Santiago de Compostela). (ver ubicación)

A convocatoria oficial de eleccións foi enviada por correo electrónico a todas as persoas con dereito a voto.

Na web do Ceesg pode consultarse a convocatoria (con información detallada sobre o proceso electoral), o calendario electoral, e o censo, e irase incorporando toda a documentación que se vaia xerando (proclamación de candidaturas, instrucións para o voto por correo, resultado do sorteo de cargos da mesa electoral, etc.)

Ver documentación do proceso electoral (necesario iniciar sesión)

Preguntas frecuentes sobre as eleccións

Enlace a estatutos do Ceesg


Artigo 17. Son dereitos dos/das colexiados/as
a) Participar na xestión do colexio, o que inclúe o dereito de petición, suxestión ou queixa aos diversos órganos; dereito de voto e de acceso aos postos e cargos directivos e de responsabilidade. Todo isto seguindo os procedementos e requisitos que establezan os estatutos, así como outras normativas do CEESG e leis que amparan os colexios profesionais.

Artigo 42. Eleccións da Xunta de Goberno
42.1.
a) A Xunta de Goberno será elixida por períodos de catro anos, e por sufraxio universal, libre, directo e segredo.
b) Será a Xunta de Goberno saínte a que convocará as eleccións en tempo e forma.
c) As candidaturas serán en listas pechadas e nelas figurarán os candidatos á Presidencia, á Vicepresidencia, ademais dos vocais.
d) Na elección participarán os/as colexiados/as que estean en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións.

42.2. Todos os colexiados que están en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións teñen dereito a actuar como electores na designación dos membros da Xunta de Goberno e a ser elixibles, excepto para poder optar aos cargos de Presidencia e de Tesourería, casos nos que será esixido, como mínimo, un ano de colexiación.

Quizais che interese

Outras novas

Consulta pública do Proxecto de Lei de Servizos Sociais
Consulta pública do Proxecto de Lei de Servizos Sociais

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 abriu período de Consulta Pública Previa para o Proxecto de Lei de Servizos Sociais.

O CGCEES, como entidade representante da Educación Social a nivel estatal, realizará as súas achegas, e o Ceesg, como entidade integrante do CGCEES fará propostas a incluír nesas achegas.

As colexiadas e colexiados que desexedes enviar as vosas propostas e observacións, podedes facelo asisinto á sesión virtual grupal que organizaremos proximamente (semana do 24 de xaneiro) da que informaremos nos próximos días por aviso en liña, e tamén enviando as achegas a servizos.colexiais@ceesg.gal (prazo máximo: 2 de febreiro)

As achegas deberán ser concretas, claras e precisas para incorporar á futura norma, en liña coa demanda indicada no texto da consulta pública, non reflexións.

Ver información na web do Ministerio.

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Técnica/o de orientación e prospección laboral
  • Educador/a social
  • Axente de desenvolvemento local
  • Educador/a social
  • Técnica/o de integración
  • Orientador/a profesional para a inserción
  • Orientador/a profesional para a inserción

    Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

    Novas ofertas de emprego
    Novas ofertas de emprego

    Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

    • Orientador/a laboral
    • Educador/a social
    • Técnica/o de proxectos
    • Profesor/a asociado/a
    • Técnica/o de inserción laboral
    • Coordinador/a de axuda a domicilio

      Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.