Nova CEESG

Desconto para colexiadas/os: Editorial Mad

14 - 01 - 2021

Renovamos o acordo coa Editorial Mad para ofrecer desconto ás persoas colexiadas na venda de temarios de oposicións.

No seguinte enlace están activados eses descontos para os temarios de:

  • ‘Educador/a’ da Xunta (25% de desconto)
  • Especialidade ‘Intervención Sociocomuntiaria’ de Educación (30% de desconto)

Enlace para facer pedidos

CONDICIÓNS:

O pedido debe facerse a través da plataforma indicada e enviarase por correo postal, e o pago farase contra reembolso.

Os envíos a partir de 50€ faranse sen coste adicional en concepto de portes (só en Península) Para pedidos de menor cuantía o pedido incrementarase en 2,80€. Para envíos a Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla, consultar condicións)

Só se procesarán pedidos realizados por persoas colexiadas ou amigas do Ceesg.

O Ceesg non é responsable do produto nin do proceso de compra, limitándose a confirmar a colexiación das persoas que realizan pedidos.


Acordo vixente ata o 31/12/2021.

Quizais che interese

Outras novas

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educadoras/es sociais
  • Técnica/o de apoio social
  • Animador/a sociocultural (OPE)
  • Educador/a social
  • Prácticas remuneradas
  • Educador/a social
  • Técnica/o servizo emerxencia social
  • Bolsa Educación Social

    Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Formación con desconto: Especialista en Mediación
Formación con desconto: Especialista en Mediación

O Colegio Profesional de Educadores Sociales de la Región de Murcia (CPESRM) organiza o curso en liña ‘ESPECIALISTA EN MEDIACIÓN’, que será impartido do 5 de maio ao 5 de xuño de 2021.

O obxectivo do curso é capacitar ás/aos profesionais da educación social para actuar como mediadoras/es en situacións de conflito.

Desconto para persoas colexiadas, incluídas as do Ceesg.

Modalidade: en liña.

Duración: 100 horas.

Prazo de inscrición: ata o 20 de abril.

Ver información detallada

Formación con desconto: ética profesional e código deontolóxico
Formación con desconto: ética profesional e código deontolóxico

O Colegio Oficial de Educadoras y Educadores Sociales de Navarra (COEESNA-NAGIHEO) organiza o curso en liña ‘ÉTICA PROFESIONAL Y CÓDIGO DEONTOLÓGICO DEL/A EDUCADOR/A SOCIAL’, que será impartido os días 5 e 6 de maio de 2021.

O curso formula, entre outros obxectivos,coñecer os principios éticos da profesión, reflexión sobre situacións conflitivas cotiás, e posibilitar interpretacións diferentes sobre os conflitos asociados ao traballo socioeducativo.

Modalidade: online.

Duración: 12 h.

Prazo de inscrición: 3 de marzo.

Ver información detallada.