Nova CEESG

Comunicado do CGCEES: Por que din ‘MENAS’ cando falamos de INFANCIA?

27 - 04 - 2021

O Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) manifiesta o seu máis absoluto rexeitamento á campaña de odio verquida desde o partido político da ultradereita máis retrógrada e conservadora contra a integridade e a salvagarda de nenas/os e adolescentes

Ver comunicado

Quizais che interese

Outras novas

Protección dos dereitos das vítimas. Manual para profesionais
Protección dos dereitos das vítimas. Manual para profesionais

Ao longo do ano 2020 o Ceesg ten participado en varias xuntanzas de Capacity Building organizadas pola Asociación Consensus, e cofinanciadas pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, dentro do Proxecto Pro.Vi (Protecting victims’ rights), cofinanciado polo programa de Xustiza da Comisión Europea e apoiada pola Deputación de A Coruña e a Unidade de psicoloxía forense da USC.

Nesta mesma liña, o Proxecto Europeo Pro.Vi vén de publicar o Manual para profesionais Pro.Vi (Protecting Victim´s Right) centrado na protección das vítimas de delitos, que proporciona orientación práctica para o acompañamento ás vítimas de delitos.

Modificación da Lei 14/2021, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Modificación da Lei 14/2021, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

No DOG do 28 de xullo podedes atopar a Lei 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de Xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, aprobada por unanimidade na Cámara galega.
Unha das modificacións máis importantes e a ampliación do concepto de violencia machista ao recoñecer a violencia vicaria como violencia de xénero. Incluindo o recoñecemento de estatuto de vítimas non só no caso de asesinato ou homicidio, senón cando existe calquera forma de violencia recollida na mesma lei.
Lembremos que a violencia vicaria é aquela violencia que se exerce sobre a muller co fin de causarlle un dano a través de terceiras persoas (fillas, fillos, nai, pai, parella actual…) e que acada o seu grao máis elevado co homicidio ou asasinato destas persoas.
Outra modificación é o seu carácter retroactivo, de forma que todas as mulleres que sufriron no pasado violencia machista quedan amparadas e teñen acceso a protección e axudas.

Enlace á modificación da lei

Queremos lembrar que o Ceesg, a través do grupo Fiadeiras participa activamente no grupo de Traballo 3 ‘Abordaxe da Violencia de Xénero coa mocidade dende o ámbito educativo’ e no Observatorio Galego de Violencia de Xénero como Vogal.

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Director/a da casa da cultura - técnica/o de cultura
  • Dinamizador/a do territorio con enfoque de xénero
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Técnica/o de márketing dixital, comunicación e redes sociais
  • Técnica/o de formación

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.