Nova CEESG

Camiña con nós. CAMPAÑA DE COLEXIACIÓN

11 - 03 - 2021

Neste ano o Ceesg cumpre 20 anos, e queremos celebralo cunha serie de descontos aplicables ás cotas colexiais, como agradecemento ás persoas que levan colexiadas certo tempo, e tamén co obxectivo de facilitar novas colexiacións. Concretamente estas iniciativas consisten en:

  • Desconto directo na cota de mantemento colexial para persoas que leven colexiadas 5 anos ou máis.
  • Desconto do 20% na cota de alta para novas persoas colexiadas con data de título universitario anterior a 2 anos (os máis recentes manteñen a redución económica habitual).
  • ‘Se traes a outra edusa…’ desconto do 20% na seguinte cota de mantemento colexial, e a persoa que se colexia terá cota de alta gratuíta.

Estas promocións estarán activas durante o ano 2021.

Ver información detallada

Quizais che interese

Outras novas

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Técnica/o de intervención socioeducativa
  • Monitor/a
  • Técnica/o de unidade de apoio
  • Director/a residencia de maiores
  • Docente desarrollo habilidades

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Formación en liña gratuíta: detección e intervención en racismo e xenofobia, normativa de estranxeiría
Formación en liña gratuíta: detección e intervención en racismo e xenofobia, normativa de estranxeiría

Un dos traballos a desenvolver polas persoas profesionais do ámbito social, pasa por recoñecer e denunciar aquelas situacións de vulneración de dereitos nas que nos vemos envoltas no día a día laboral. Esta actividade formativa, impartida por SOS Racismo Galicia, está dirixida a profesionais ou futuras/os profesionais do eido social para facilitar pautas que axuden a detectar a vulneración de dereitos nos procesos cotiáns, así como as diferentes ferramentas que temos a noso alcance como profesionais para intervir e/ou denunciar.

Ademais, nesta sesión abordaranse tamén as recentes modificacións do regulamento de estranxeiría, a as súas implicacións para as/os menores migrantes non acompañadas/os.

Poden participar na formación educadoras e educadores sociais colexiadas do Ceesg, así como estudantes ‘amigas/os do Ceesg’

A inscrición é gratuíta, sendo necesario inscribirse previamente no formulario dispoñible na nosa web (IR AO FORMULARIO)

Data: martes 14 de decembro.

Horario: 17:00-19:00 h.

Modalidade: En liña a través de Jitsi Meet (enviarase enlace o día anterior á formación)

Próximo cobro de cotas colexiais
Próximo cobro de cotas colexiais

No mes de xaneiro pasarase o cobro de cotas colexiais (correspondente ao primeiro semestre 2022)

Recordamos que existe a posibilidade de beneficiarse de cotas reducidas (por desemprego, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas)

Quen queira acollerse a este tipo de cotas, debe presentar a documentación pertinente ata o día 23 de decembro, por correo-e a ceesg@ceesg.gal. A confirmación por parte do Ceesg farase no prazo máximo de 15 días dende a recepción, e o cobro ordearase na segunda quincena de xaneiro.

Documentación a presentar:

  • No caso de desemprego, tarxeta de demandante de emprego actualizada.
  • No caso de salario inferior ao mínimo, informe de bases de cotización da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Para outras posibles situacións, consultar co Ceesg.

Se no cobro anterior non te beneficiaches de desconto, recorda enviar xunto coa documentación xustificativa a solicitude de cota semestral bonificada