Nova CEESG

8º concurso TFG.eduso, de traballos de fin de grao

22 - 06 - 2021

Un ano máis, dende o Ceesg propoñémonos visibilizar e poñer en valor os traballos fin de grao que o estudantado galego de Educación Social leva a cabo, a través do Concurso TFG.eduso.

Nesta 8ª edición, poderán concursar os traballos presentados no curso 2020/2021, que está finalizando.

O prazo de envío será do 25 de xuño ao 15 de novembro de 2021.

8º concurso TFG.eduso, de traballos de fin de grao

Quizais che interese

Outras novas

Protección dos dereitos das vítimas. Manual para profesionais
Protección dos dereitos das vítimas. Manual para profesionais

Ao longo do ano 2020 o Ceesg ten participado en varias xuntanzas de Capacity Building organizadas pola Asociación Consensus, e cofinanciadas pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, dentro do Proxecto Pro.Vi (Protecting victims’ rights), cofinanciado polo programa de Xustiza da Comisión Europea e apoiada pola Deputación de A Coruña e a Unidade de psicoloxía forense da USC.

Nesta mesma liña, o Proxecto Europeo Pro.Vi vén de publicar o Manual para profesionais Pro.Vi (Protecting Victim´s Right) centrado na protección das vítimas de delitos, que proporciona orientación práctica para o acompañamento ás vítimas de delitos.

Modificación da Lei 14/2021, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Modificación da Lei 14/2021, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

No DOG do 28 de xullo podedes atopar a Lei 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de Xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, aprobada por unanimidade na Cámara galega.
Unha das modificacións máis importantes e a ampliación do concepto de violencia machista ao recoñecer a violencia vicaria como violencia de xénero. Incluindo o recoñecemento de estatuto de vítimas non só no caso de asesinato ou homicidio, senón cando existe calquera forma de violencia recollida na mesma lei.
Lembremos que a violencia vicaria é aquela violencia que se exerce sobre a muller co fin de causarlle un dano a través de terceiras persoas (fillas, fillos, nai, pai, parella actual…) e que acada o seu grao máis elevado co homicidio ou asasinato destas persoas.
Outra modificación é o seu carácter retroactivo, de forma que todas as mulleres que sufriron no pasado violencia machista quedan amparadas e teñen acceso a protección e axudas.

Enlace á modificación da lei

Queremos lembrar que o Ceesg, a través do grupo Fiadeiras participa activamente no grupo de Traballo 3 ‘Abordaxe da Violencia de Xénero coa mocidade dende o ámbito educativo’ e no Observatorio Galego de Violencia de Xénero como Vogal.

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Director/a da casa da cultura - técnica/o de cultura
  • Dinamizador/a do territorio con enfoque de xénero
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Técnica/o de márketing dixital, comunicación e redes sociais
  • Técnica/o de formación

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.