Nova CEESG

27 de febreiro: Asemblea Xeral do Ceesg

04 - 02 - 2021

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de toma de decisións do colexio, formado por todas as persoas colexiadas. Cada ano reúnese como mínimo unha vez para decidir sobre a actividade do colexio.

Este ano, a Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o 27 de febreiro e celebrarase de xeito telemático.

Todas as persoas que estean colexiadas na data de convocatoria están convocadas a participar. Tamén poden participar as Amigas e amigos do Ceesg (con voz e sen voto).

Pregamos confirmar asistencia, para adaptar o mellor posible os medios técnicos ao nivel de participación previsto.

Enlace á documentación da Asemblea 2021.

  • Data: sábado 27 de febreiro de 2020.
  • Inicio: 10:00 (primeira convocatoria), 10:30 (segunda convocatoria)
  • Fin: 13:30 aproximadamente.

27 de febreiro: Asemblea Xeral do Ceesg

Quizais che interese

Outras novas

Axudas ás ANPAs para proxectos de igualdade e prevención da VX
Axudas ás ANPAs para proxectos de igualdade e prevención da VX

Recentemente publicouse a convocatoria de axudas económicas para as Anpas, destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.

As actividades que se poden financiar a través desta convocatoria están estreitamente ligadas ao labor socioeducativo que se leva a cabo dende a Educación Social, polo que pode ser unha oportunidade de contratación para educadoras/es sociais.

Así llo fixemos chegar ás ANPAS de Galicia a través das federacións ANPAS Galegas e CONFAPA.

Ver convocatoria

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • Axudante técnica/o educativa/o
  • Técnica/o en programas de emprego

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

A Fegamp ofrece un curso sobre o ISE, que será impartido polo Ceesg
A Fegamp ofrece un curso sobre o ISE, que será impartido polo Ceesg

Dende hoxe e ata o 7 de marzo abre o prazo de inscrición no curso de formación continua ‘O informe socioeducativo (ISE) como ferramenta de intervención dos educadores/as sociais (modalidade en liña)’.

Esta formación organizada pola Fegamp será impartida polo Ceesg e dirixida ao persoal educador social dos concellos de as deputacións provinciais.

Prazo inscrición: do 1 ao 7 de marzo.
Datas: do 26 de abril ao 26 de maio.

Ver información detallada

Ver información xeral, con enlace a formulario de inscrición