Nova CEESG

20 anos e 20 motivos

21 - 01 - 2021

No Ceesg celebramos vinte anos de percorrido. Son moitos os motivos que nos levaron a escoller esta profesión, e moitos outros os que nos animaron a continuar exercéndoa. Hoxe, convidámosvos a participar compartindo cales son os vosos.

Para paticipar, sube unha foto túa (ou se prefires non aparecer, que se vexa algo representativo da nosa profesión) e un folio no que apareza o motivo polo que decidiches ser educador/a social. Cando a subas ao Facebook ou Twitter, utiliza o hashtag #20anosCeesg, e recorda etiquetar ao Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia.

20 anos e 20 motivos

Quizais che interese

Outras novas

Axudas ás ANPAs para proxectos de igualdade e prevención da VX
Axudas ás ANPAs para proxectos de igualdade e prevención da VX

Recentemente publicouse a convocatoria de axudas económicas para as Anpas, destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.

As actividades que se poden financiar a través desta convocatoria están estreitamente ligadas ao labor socioeducativo que se leva a cabo dende a Educación Social, polo que pode ser unha oportunidade de contratación para educadoras/es sociais.

Así llo fixemos chegar ás ANPAS de Galicia a través das federacións ANPAS Galegas e CONFAPA.

Ver convocatoria

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • Axudante técnica/o educativa/o
  • Técnica/o en programas de emprego

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

A Fegamp ofrece un curso sobre o ISE, que será impartido polo Ceesg
A Fegamp ofrece un curso sobre o ISE, que será impartido polo Ceesg

Dende hoxe e ata o 7 de marzo abre o prazo de inscrición no curso de formación continua ‘O informe socioeducativo (ISE) como ferramenta de intervención dos educadores/as sociais (modalidade en liña)’.

Esta formación organizada pola Fegamp será impartida polo Ceesg e dirixida ao persoal educador social dos concellos de as deputacións provinciais.

Prazo inscrición: do 1 ao 7 de marzo.
Datas: do 26 de abril ao 26 de maio.

Ver información detallada

Ver información xeral, con enlace a formulario de inscrición