Cursos actuais

Entre os fins esenciais do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia están mellorar o nivel de calidade das accións socioeducativas dos/das colexiados/as, promovendo a súa formación e perfeccionamento, así como velar para que a actividade profesional se adecúe aos intereses da cidadanía. Todo isto co fin último de promover o benestar das persoas, grupos e comunidades destinatarias e protagonistas das intervencións profesionais das educadoras e educadores sociais.

Nesta busca da mellora da práctica profesional, o Ceesg organiza diversas formacións e accións de divulgación.

As actividades contempladas no Plan de formación do 2021 son:

  • Curso: Proposta práctica de Educación Familiar: o educador e a educadora social como terapeuta centrado en solucións.
  • Curso: A educación social nos centros de internamento no eido da xustiza xuvenil.
  • Curso: Ética con menores.
  • Obradoiro: Trata de seres humanos (colaboración con ONG Accem)
  • Formación sobre o Informe Socioeducativo (ISE)
  • Faladoiro: Coñecendo as túas condicións laborais nunha administración local (Grupo Animación Sociocultural e Xestión Cultural)
  • Curso básico de intervención socioeducativa feminista: Penso, logo actúo (Grupo Fiadeiras)
  • Webinar sobre o traballo coas persoas maiores (Grupo Geix)
  • II Encontro/café ‘Educación social e saúde’ (Grupo Miolo)
  • Xornada ‘Educación social e saúde’ (Grupo Miolo)

Podes consultar os cursos con prazo de inscrición aberto aquí.