Loading...

COLEXIACIÓN

Cotas colexiais

COTA DE ALTA

 

A cota de alta págase no momento de solicitar a colexiación. Debe ingresarse na conta bancaria do Ceesg e engadir o xustificante xunto co resto de documentación, durante o proceso de solicitude a través do Portelo único do Ceesg.

  • Xeral: 65 €.
  • Redución para persoas tituladas recentemente: Gratis no curso inmediatamente seguinte ao do remate dos estudos.

 

COTA DE MANTEMENTO COLEXIAL

O colexio emitirá dous recibos ao ano para o cobro da cota de mantemento colexial, a través de domiciliación bancaria.

Estes cobros fanse por semestre adiantado (a finais dos meses de xaneiro e de xullo).

 

Cotas colexiais

Tipo de cota Contía semestral Documentación a presentar*
Xeral 73,34 € Ningunha
Bonificada por desemprego

Aplicable tamén a pensionistas, estudiantes que non traballan, situación de excedencia por coidado de fillas/os, situación de impago continuado de salarios, e colexiadas/os que non residen no estado español. Ou situacións equivalentes acreditadas.

36,67 € Tarxeta de demandante de emprego (DARDE), ou acreditación pertinente segundo cada situación.
Bonificada por salario inferior ao mínimo interprofesional (SMI) 55 € Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social acreditativo da/s última/s Base/s de Cotización.

 

* Presentación a través do Portelo único do Ceesg.
Prazos:

  • Para cota primeiro semestre: do 1 ao 20 de decembro.
  • Para cota segundo semestre: do 1 ao 20 de xuño.

COTA DE AMIGA/O DO CEESG

 

20 € por curso académico.

Poden darse de alta como amigas as e os estudantes de Educación Social. Máis información.
As cotas de Amigas/os do Ceesg aboadas durante o período estudiantil serán descontadas das cotas do Ceesg, sempre que a colexiación se formalice no curso seguinte, e ata un límite de 80€.
Están exentas de pagar a cota as e os estudantes que colaboren co Ceesg como dinamizadoras/es do PIC.

COTA POR EMISIÓN DE CERTIFICADOS

 

30€ por emisión de certificados a persoas non colexiadas.

COTA POR TRASLADO DE EXPEDIENTE

 

20€ por traslado de expediente a outro colexio profesional de Educación Social.