Colexiación

CAMIÑA CON NÓS é o nome da campaña 20 aniversario coa que queremos agasallar ás persoas colexiadas, e que consiste no seguinte:


Cota de alta en colexiacións 2021:

  • Cota de alta reducida para persoas con antigüidade na titulación maior de 2 anos: 52€ (en vez dos 65€ establecidos)
  • A cota de alta para persoas con antigüidade na titulación inferior xa ten desconto, que se mantén (menos de 2 anos: 35€, menos de 1 ano: 15€)


“Se traes a outra EDUSA”:

  • A persoa colexiada que facilite a colexiación doutra terá un desconto do 20% na seguinte cota de mantemento semestral.
  • A nova persoa colexiada non pagará a cota de alta.

*Limítase a facilitar a colexiación de 1 persoa.

Para facilitar a colexiación de alguén, tes que cubrir e asinar unha solicitude, que a persoa que se vai colexiar debe acompañar ao resto de documentación de colexiación.

Descargar solicitude


Fidelización

Desconto directo na cota de mantemento colexial.

  • 20 anos de colexiación - 20 € de desconto
  • 15 anos de colexiación - 15 € de desconto
  • 10 anos de colexiación - 10 € de desconto
  • 5 anos de colexiación - 5 € de desconto

*os decontos aplicaranse de oficio.
*a colexiación debe ser ininterrompida.
*a descontar na cota do 2º semestre de 2021.